Jaime Duque Grisales

aviador colombiano

Jaime Duque Grisales, nado en Villamaría o 11 de xuño de 1917 e finado en Tocancipá o 7 de novembro de 2007, foi un piloto colombiano da década de 1940. É coñecido por ser o creador do Parque Jaime Duque que empezou a funcionar en 1983.[1]

Infotaula de personaJaime Duque Grisales

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1917 Editar o valor em Wikidata
Villamaría, Colombia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Tocancipá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na poboación de Villamaría no departamento de Caldas, mais viviu os seus primeiros anos en Bogotá, a capital do país. Posteriormente viaxou ós Estados Unidos para estudar pilotaxe de avións rematando en 1944, cando regresou ó país para enrolarse na empresa de aviación comercial Avianca, onde se converteu en xefe de pilotos.[2]

A súa primeira esposa foi Yolanda Romero Moyano. Desta relación non houbo fillos.

En 1983, inaugurouse o parque que leva o seu nome, situado no concello de Tocancipá, en Cundinamarca, a 34 quilómetros de Bogotá e a uns 20 quilómetros do municipio de Chía. Inaugurou e organizou rutas internacionais de Avianca; cruzou os mares utilizando a navegación astronómica, cando non existían axudas de radio.

Faleceu en 2007 ós 90 anos por mor de complicacións renais e cardíacas.

Notas editar

  1. Obituario - Jaime Duque Grisales. Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. Revista Semana. Consultado o 3 de abril de 2011
  2. "Murió Jaime Duque, el creador del parque que lleva su nombre, en Tocancipá". Caracol Radio (en castelán). 2007-11-05. Consultado o 2021-01-29.