Jaime Castiñeira
político español
(Redirección desde «Jaime Castiñeira Broz»)
Jaime Castiñeira Broz, coñecido tamén como Xaime Castiñeira, nado en Santalla de Sisoi (Cospeito) o 10 de xullo de 1957 é un arquitecto técnico e político galego do PPdeG.
Jaime Castiñeira | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1957 |
Lugar de nacemento | Cospeito |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou arquitectura técnica na Universidade Laboral de Sevilla. En 1982 entrou por oposición no Corpo de Arquitectos Técnicos ao servizo da Facenda. Foi secretario do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros da Edificación de Lugo. Militante do Partido Popular de Galicia, é concelleiro en Lugo desde 1999 e deputado no Parlamento de Galicia desde as eleccións de 2005. Foi o candidato do PP á alcaldía de Lugo nas eleccións de 2011, repetindo a candidatura nas de 2015.