Jacksonville Jaguars

Os Jacksonville Jaguars son un equipo profesional de fútbol americano estadounidense con sede na cidade de Jacksonville (Florida). Compiten na División Sur que compite da American Football Conference (AFC) da National Football League (NFL). O seu estadio como local, con capacidade para 64.428 espectadores, é o EverBank Field, situado no centro da cidade.

Jacksonville Jaguars
Fundado en 1993
Sede en Jacksonville, FL
Wordmark dos Jacksonville Jaguars
Wordmark dos Jacksonville Jaguars
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1995–presente)

Uniforme actual
CoresNegro, verde, ouro               
MascotaJaxson de Ville
Cadro de persoal
Propietario(s)Shahid Khan
PresidenteMark Lamping
Director xeralDavid Caldwell
AdestradorGus Bradley
Historia
  • Jacksonville Jaguars (1995–presente)
Alcume(s)
The Jags
Campionatos
Títulos de Liga (0)
Conferencia (0)
División (3)
  • AFC Central: 1998, 1999
  • AFC Sur: 2017
Estadios

Os Jaguars, xunto cos Carolina Panthers, uníronse á NFL como equipos de expansión na temporada 1995. Desde ese ano gañaron dous capionatos da Divisón Central da AFC (1998 e 1999) e un da Divisón Sur (2017), clasificándose para os playoffs en sete ocasións, a última en 2017 tras dez anos sen conseguilo.[1] Desde a súa fundación até a temporada 2011, o dono da franquía foi o empresario Wayne Weaver. Con todo, no ano 2011 vendeu a súa participación no equipo ao empresario de orixe paquistaní Shahid Khan, tamén dono do Fulham F.C. da Football League Championship, por uns 770 millóns de dólares.[2][3] A finais do ano 2017 o valor estimado da franquía ascende aos 2.075 millóns de dólares.

Historia editar

Este equipo, xunto cos Carolina Panthers, uniuse á competición como equipo de expansión en 1995. En 1996 acadaron a final de conferencia, na que perderon fronte aos New England Patriots, chegaron novamente á final de conferencia en 1999, na que perderon fronte aos Tennessee Titans. Ao longo da súa curta historia a franquía unicamente atinxiu dous títulos de división (AFC Central) e apareceu nos playoffs en sete ocasións (1996, 1997, 1998, 1999, 2005, 2007, 2017).

Logo e uniformes editar

Logo e mascota editar

 
A mascota Jaxson de Ville.

O día anterior a que a NFL concedese o equipo de fútbol americano a Jacksonville, un triunfante Wayne Weaver alzou un casco prateado e unha camisola verde azulada ante os donos do resto de equipos da competición nunha reunión en Chicago, Illinois. Así, as cores escollidas para o equipo foran o verde azulado, o dourado e o prateado. Porén, os deseños da camisola e do casco, co debuxo dun xaguar saltando, creou controversia. A Ford Motor Company, naquela altura propietaria do fabricante automobilístico británico Jaguar, tiña a impresión de que o logotipo era moi semellante á do fabricante. Aínda que ningunha demanda foi levada a xuízo, os avogados do equipo e do fabricante chegaron a un acordo amigábel segundo o cal os Jaguar serían nomeados coches oficiais dos Jaguars, mentres que a franquía redeseñaría os seus uniformes.

O novo logotipo consistiu nunha cabeza de xaguar rosmando cunha lingua de cor verde azulada, o cal Weaver dixo que era un toque da súa esposa. Tamén afirmou que esa cor de lingua viña de "alimentar con panteiras (Panthers) aos nosos xaguares (Jaguars)", unha clara pulla aos seus compañeiros debutantes na NFL, os Carolina Panthers. Durante o primeiro partido de pretemporada dos Jaguars, entregáronse caramelos de cor verde azulado a todos os seareiros que asistiron, volvendo as súas linguas da mesma cor ca do logotipo. Alén diso, foron repartidas pirulatas de framboesa na sección 142 do estadio por parte do "Candy Man" (do inglés: Home dos doces) para procurar acadar o mesmo efecto. O logo permaneceu sen mudanzas até o ano 2009, cando actualizaron a imaxe do equipo, eliminando o logo do xaguar arañando e as tipografías utilizadas até o momento.

No ano 2013, tras a adquisición da franquía dous anos antes polo empresario de orixe paquistaní Shahid Khan, mudouse de novo a imaxe do equipo, incluíndo un novo logo principal, secundario e tipografía. Co novo logo do xaguar tentouse darlle un aspecto máis fero e realista.[4] Por outra banda, o novo logo secundario consistía na mesma cabeza do logotipo principal acompañada por vez primeira do máis famoso alcume do equipo: "Jags". Ambas imaxes estaban rodeadas por un escudo deseñado para render tributo á comunidade militar de Jacksonville. Ademais, comezaron a utilizar máis a cor dourada, que de feito entre os anos 2009 e 2012 só aparecía no propio logotipo.

Desde 1996, Jaxson de Ville é a mascota dos Jaguars. Trátase dun xaguar antropomórifico que viste as cores do equipo e leva lentes de sol, o cal entretén ao público antes e durante os partidos do club coas súas falcatruadas. Ademais, ten fama polas súas entradas ao estadio, como por exemplo saltando desde os focos do estadio atado cunha goma, deslizándose desde o marcador cunha corda ou entrando en paracaídas. En 1998 as súas trasnadas, que o levaron incluso a amolar aos xogadores rivais durante a reunión para elixir xogada (huddle), levaron a unha mudanza na normativa da NFL sobre as mascotas. Con todo, aínda hoxe segue a ser visto como unha mascota que interfere demasiado no xogo. De feito, en 2007 o presidente dos Indianapolis Colts elevou unha queixa á NFL que o levou a recibir unha nova repimenda. Desde o 18 de agosto de 1996 até xuño de 2015 a mascota foi interpretada por Curtis Dvorak.

Uniformes editar

Durante a maior parte da súa historia, os Jaguars fixeron o que moitos outros equipos da NFL situados en climas subtropicais tradicionalmente practican: usar o seu xersei branco en casa durante a primeira metade da tempada, obrigando aos opoñentes a usar as súas camisetas escuras baixo os sufocantes outonos en Jacksonville. As únicas excepcións foron en 2004 e 2008−10, cando os Jaguars elixiron usar verde azulado para todos os xogos en casa. Na pretemporada, os Jaguars tipicamente usan o verde azulado en casa xa que estes partidos xóganse de noite cando hai moi pouca vantaxe coa calor.

En 1995, tras a obrigada mudanza de logotipo, os primeiros uniformes dos Jaguars foron con casco totalmente negro, pantalóns brancos con faixas verde azulaado, negro e dourado, esta última cor tamén utilizada nos números. En canto a camisola, esta era de cor verde azulada cos números en branco na casa e branca cos números en verde azulado na visitante. Ambas camisolas levaban tamén o pescozo de cor negra e ningunha faixa nas mangas (ao contrario do que é tradicional na NFL). Ademais, o logo do equipo estaba bordado en amabas mangas. Até o ano 2002 este uniforme apenas sufriu modificacións. É neste ano cando se introduce un terceiro uniforme alternativo de cor negra. A reacción dos fans ao uso desta cor na camisola alternativa foi moi positiva. Nos anos 2004 e 2008 foron introducido algúns cambios, como por exemplo nas faixas do pantalón e a mudanza da tonalidade da cor dourada a unha máis metálica máis próxima ao beige.

Xogadores editar

Cadro actual editar

Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 14 de xaneiro de 2018
Depth ChartTraspasos
53 activos, 14 inactivos, 9 de adestramento, 0 sen contrato

Notas editar

  1. "Jacksonville Jaguars Team Encyclopedia". Pro-Football-Reference.com. Sports Reference LLC. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  2. "Pakistani-born Khan approved as Jaguars' new owner". National Football League. Associated Press. December 14, 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  3. Ozanian, Mike (29 de novembro de 2011). "Jacksonville Jaguars Sold To Illinois Businessman For $770 Million". Forbes. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  4. Oehser, John. "A new logo for a new era". Jaguars.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar