Jackie Brown é un filme estadounidense de 1997, escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Pam Grier, Robert Forster, Robert De Niro, Samuel L. Jackson, Bridget Fonda, e Michael Keaton. Foi o terceiro filme de Tarantino despois do seu éxito con Reservoir Dogs (1992) e Pulp Fiction (1994).

Jackie Brown
Ficha técnica
Título orixinalJackie Brown
DirectorQuentin Tarantino
ProdutorLawrence Bender
GuiónQuentin Tarantino
Baseado enRum Punch de Elmore Leonard
Intérpretes
FotografíaGuillermo Navarro
MontaxeSally Menke
Estudio
  • A Band Apart
  • Mighty Mighty Afrodite Productions
  • Lawrence Bender Productions
DistribuidoraMiramax Films
EstreaZiegfeld Theatre: 8 de decembro de 1997
25 de decembro de 1997
Duración154 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCrime
Orzamento12 millóns de dólares[2]
Recadación74,7 millóns de dólares[2]
Na rede
http://www.miramax.com/movie/jackie-brown
IMDB: tt0119396 Filmaffinity: 895044 Allocine: 16876 Rottentomatoes: m/jackie_brown Mojo: jackiebrown Allmovie: v158843 TCM: 324224 Metacritic: movie/jackie-brown TV.com: movies/jackie-brown Netlix: 60010514Editar o valor em Wikidata

Este filme está considerada como o filme de Blaxploitation de Tarantino, ao igual que Reservoir Dogs é o seu filme de atracos, Pulp Fiction a de cine negro, e Kill Bill a de artes marciais.

O filme foi moi criticada por algúns seguidores de Tarantino, xa que é un estilo moi diferente as súas dúas anteriores obras; esta conta unha historia non tan violenta, ten unha narración máis clásica e relaxada e o sangue non é tan abundante. Porén, foi ben recibida pola crítica especializada.

Está baseada na novela Rum Punch de Elmore Leonard. Tarantino extraeu os diálogos do libro case iguais (outra razón do desgusto dos seus fans: os diálogos teñen diferente estrutura).

Sinopse editar

Jackie Brown (Pam Grier) é unha azafata de voo que, necesitada de diñeiro, fai de correo para Ordell (Samuel L. Jackson), un traficante de armas buscado pola policía. Todo parece ir ben, ata que un día é sorprendida na aduana e acusada de tráfico de drogas e evasión. Para evitar ingresar en prisión, a policía só deixa a Jackie unha saída: axudalos a chegar ata Ordell.

Elenco de actores editar

Conta con varios actores fetiches tarantinianos. Un deles é Samuel L. Jackson. O director rescata a Pam Grier e a Robert Forster, actores que alcanzaron a súa máxima gloria en filmes dos 70. En realidade, Pam Grier chegou a ser unha estrela dos filmes de serie B da Blaxploitation (100% protagonizados por xente negra), que tanto éxito tiveron na América dos anos 70 e 80, e que Tarantino homenaxea neste filme.

No resto dos papeis, están Robert De Niro como un ex-convicto moi esgotado e de moi poucas palabras; Bridget Fonda como unha das mozas de Ordell; e Michael Keaton como Ray Nicolette, o policía que vai tras de Ordell.

Notas editar

  1. "Jackie Brown". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Jackie Brown – Box Office Data, DVD and Blu-ray Sales, Movie News, Cast and Crew Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar