JDA Dijon

(Redirección desde «JDA Dijon Basket»)

O Jeanne d'Arc Dijon Basket, máis coñecido como JDA Dijon, é un equipo profesional de baloncesto de Francia da cidade de Dijon (Borgoña-Franco Condado). O equipo disputa os seus partidos como local no Palais des sports Jean-Michel Geoffroy de Dijon, recinto con capacidade para 4.628 espectadores. Entre os seus maiores logros está a consecución de dous títulos de Copa, obtidos en 1993 e 2006. Actualmente compite na Ligue Nationale de Basketball Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés.

JDA Dijon Basket
Información xeral
Nome Jeanne d'Arc Dijon Basket
Liga Pro A / BCL
Alcume La Jeanne
Fundación 1880
Cores           Negro, branco
Presidente Francia Thiery Degorce
Adestrador Bosnia e Hercegovina Nenad Marković
Localización
Cidade Francia Dijon, Francia
Pavillón Jean-Michel-Geoffroy
Capacidade 4 628
Inauguración 21 de xaneiro de 1977
Campionatos
Copa 2 (1993, 2006)
jdadijon.com

Historia editar

A club Jeanne d’Arc (Xoana de Arco) foi fundado en xaneiro de 1880 en polo abade Bizouard na Rúa St. Philibert (hoxe Rúa Condorcet). Dado o éxito do número de socios inscritos, trasladouse ao distrito de Plaine des Roses Rúa Lacodaire. Entre as principais actividades ás que se adicaba o club estaban a ximnasia, o canto coral, o teatro ou o fútbol. Ao longo do tempo o club estivo apiques de desaparecer en varias ocasións. Durante a primeira guerra mundial (1914−18) o Jeanne d’Arc tiña máis de 450 membros, dos cales 57 faleceron durante a guerra. Posteriormente o club prospera e créanse novas seccións como o tenis de mesa, esgrima, e baloncesto. Durante a segunda guerra mundial o club volveu a estar en perigo, con moitos falecidos entre os seus membros. Tras recuperarse de novo, en 1966 o club volve a sufrir graves problemas debido a problemas coa propiedade das súas instalación. Debido a isto, o club volveuse trasladar, esta vez ao Boulevard de l'Ouest, onde en 1972 se acabou de construír o pavillón de baloncesto Henri Boisselot. Posteriormente a esa época o Jeanne d'Arc limita as súas actividades ao baloncesto. Entre os seus títulos destacan as dúas Copas de Francia (1993 e 2006) e un Match des Champions (2006).

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Leaders Cup Competicións europeas
2010–11 2 LNB Pro B Segunda rolda
2011–12 1 LNB Pro A Segunda rolda
2012–13 1 LNB Pro A Segunda rolda 3 EuroChallenge LR
2013–14 1 LNB Pro A Semifinais Cuartos de final 3 EuroChallenge L16
2014–15 1 LNB Pro A 10º Semifinais
2015–16 1 LNB Pro A Oitavos de final Cuartos de final
2016–17 1 LNB Pro A 12º Cuartos de final
2017–18 1 LNB Pro A Terceira rolda
2018–19 1 LNB Pro A Cuartos de final Cuartos de final
2019–20 1 LNB Pro A Cuartos de final 3 Champions League
2020–21 1 LNB Pro A Subcampión 3 Champions League
FG
2021–22 1 LNB Pro A Oitavos de final 3 Champions League
T16

Xogadores editar

Destacados editar

Títulos editar

Copa de Francia

  • Campións (2): 1993, 2006
  • Subampións (1): 2021

Match des champions

  • Campións (1): 2006

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar