JCVD

filme de 2008 dirixido por Mabrouk El Mechri

JCVD é unha película de comedia e drama de 2008, dirixida por Mabrouk El Mechri e protagonizada por Jean-Claude Van Damme.

JCVD
Ficha técnica
Título orixinalJCVD
DirectorMabrouk El Mechri
ProdutorSidonie Dumas, Fiszman Marc, Patrick Quinet, Jani Thiltges
GuiónFrédéric Bénudis, Mabrouk El Mechri, Christophe Turpin
IntérpretesJean-Claude Van Damme, François Damiens, Zinedine Soualem
MúsicaGast Waltzing
Estrea4 de xuño de 2008
Duración96 minutos
OrixeBélxica Bélxica
Francia
Luxemburgo Luxemburgo
XéneroComedia
Drama
Orzamento11 millóns de dólares
Na rede
http://www.jcvd-themovie.com/
IMDB: tt1130988 Filmaffinity: 445713 Allocine: 111414 Rottentomatoes: m/jcvd Mojo: jcvd Allmovie: v434082 TCM: 740563 Metacritic: movie/jcvd TV.com: movies/jcvd Netlix: 70108203Editar o valor em Wikidata

A película estreouse o 4 de xuño de 2008 en Bélxica e Francia.

Sinopse editar

Van Damme interprétase a si mesmo, un actor estrela do cine de acción en declive, nunha racha de mala sorte. Anda mal de cartos, o seu axente non lle atopa unha produción digna, e o xuíz do preito pola custodia da súa filla está disposto a concederlla á súa exmuller. Regresa á súa casa da infancia en Bruxelas, capital de Bélxica, onde viven seus pais e aínda se considera unha icona nacional. Pero no momento de ir a unha oficina de correos para recibir unha transferencia bancaria, atópase atrapado en medio dun atraco. Debido a un erro, a policía pensa que Van Damme é un dos atracadores en vez dun dos reféns. Os acontecementos vanse vendo desde diferentes perspectivas, e Van Damme aparece actuando coma heroe para protexer os reféns, coma un negociador, e coma o autor do atraco.

Recepción editar

As críticas de JCVD son xeralmente positivas, sendo o máis eloxiado o extenso monólogo de Van Damme onde expresa unha ampla gama de emocións. Boa parte da crítica recoñeceu as capacidades como actor de Van Damme na súa lingua natal, a francesa.