J. Hans D. Jensen
Johannes Hans Daniel Jensen, nado en Hamburgo o 25 de xuño de 1907 e finado en Heidelberg o 11 de febreiro de 1973, foi un físico alemán, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1963.
J. Hans D. Jensen | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Johannes Hans Daniel Jensen |
Nacemento | 25 de xuño de 1907 e 1907 |
Lugar de nacemento | Hamburgo |
Falecemento | 11 de febreiro de 1973 |
Lugar de falecemento | Heidelberg |
Nacionalidade | Alemaña do Oeste e Reich alemán |
Alma máter | Universidade de Hamburgo |
Ocupación | físico, profesor universitario e científico nuclear |
Premios | Premio Nobel de Física e Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ingresou na Universidade de Hamburgo para estudar física no ano 1926. Profesor do Instituto Tecnolóxico de Hannover desde 1937 ao 1941, en 1949 foi nomeado profesor de física na Universidade de Heidelberg.
Investigacións científicasEditar
En 1930 iniciou os seus traballos ao redor do núcleo atómico, conseguindo unha análise empírica deste en 1939. Durante os anos 40 realizou estudos sobre este núcleo atómico, chegando ás mesmas conclusións que a físico polaco-norteamericana Maria Göppert-Mayer sobre a estrutura nuclear orbital.
En 1963 Jensen e Göppert-Mayer foron galardoados, xunto con Eugene Paul Wigner aínda cando por traballos diferntes, co Premio Nobel de Física.