Jānis Pujats
Jānis Pujats, nado en Nautrēni (municipalidade de Rēzekne, Letonia) o 14 de novembro de 1930, e un cardeal letón, arcebispo de Riga entre 1991 e 2010.
Jānis Pujats | |
---|---|
![]() | |
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 14 de novembro de 1930 (90 anos) en Nautrēni, municipalidade de Rēzekne, Letonia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 29 de marzo de 1951, por Antonijs Springovičs |
Consagración episcopal | 1 de xuño de 1991, por Francesco Colasuonno |
Creado cardeal | 21 de febreiro de 1998 (in pectore), por Xoán Paulo II |
Arcebispo de Riga Cardeal-Presbítero de Santa Silvia | |
1991 - 2010 | |
Predecesor | Jānis Cakuls (administrador apostólico) |
Sucesor | Zbigņev Stankevičs |
Outros | |
![]() Escudo de Jānis Pujats | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Jānis Pujats naceu en Nautrēni, unha parroquia da municipalidade de Rēzekne, en Letonia.
O 29 de marzo de 1951 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Riga Antonijs Springovičs.
O 8 de maio de 1991 foi nomeado arcebispo de Riga. Recibiu a consagración episcopal o 1 de xuño de mans de Francesco Colasuonno, delegado apostólico para a Federación Rusa, e tivo como co-consagradores principais a Jānis Cakuls, auxiliar de Riga e administrador apostólico até entón, e ao auxiliar de Riga Vilhelms Ņukšs.
No consistorio do 21 de febreiro de 1998 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal in pectore. Dous anos despois, foi feito público o seu cardealado, ao recibir no consistorio do 21 de febreiro de 2001 o título de Cardeal-Presbítero Santa Silvia.
Retirouse do goberno da arquidiocese de Riga o 19 de xuño de 2010, con case 80 anos de idade.
NotasEditar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jānis Cakuls (administrador apostólico) |
Arcebispo de Riga 1991 - 2010 |
Sucesor: Zbigņev Stankevičs |