Józef Wróbel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Józef Wróbel, nado o 18 de outubro de 1952 en Bestwina (Polonia), é un bispo católico latino, bispo de Helsinqui entre 2000 e 2008, e dende entón bispo auxiliar de Lublin.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1952 (72 anos) Bestwina, Polonia (pt) |
Bispo auxiliar | |
28 de xuño de 2008 – Diocese: Roman Catholic Archdiocese of Lublin (en) | |
Bispo titular | |
28 de xuño de 2008 – Diocese: Suas (en) | |
Bispo Católico de Helsinque (pt) | |
30 de novembro de 2000 – 28 de xuño de 2008 ← Paul Verschuren – Teemu Sippo → Diocese: Diocese católica latina de Helsinqui | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Católica de Lublin |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2001–), sacerdote católico (1980–) |
Empregador | Universidade Católica de Lublin |
Orde relixiosa | Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús |
Consagración | Edward Idris Cassidy (pt) |
Traxectoria
editarO 28 de decembro de 1974 profesou os votos solemnes na congregación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús. O 12 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski.
O 30 de novembro de 2000 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Helsinqui, recibindo a consagración episcopal o 27 de xaneiro de 2001 de mans do cardeal Edward Cassidy.
O 28 de xuño de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Lublin e bispo titular de Suas. En 2009 participou na consagración do seu sucesor en Helsinqui, Teemu Sippo, primeiro bispo católico finlandés dende a reforma protestante.