Iván Cabrera

Modelo e bombeiro galego

Iván Cabrera Trigo, nado en Xinzo de Limia o 13 de agosto de 1984 , é un bombeiro e modelo galego.[1]

Iván Cabrera
Nacemento13 de agosto de 1984
 Xinzo de Limia
NacionalidadeEspaña
OcupaciónBombeiro e modelo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Diplomado en enfermería[2], aprobou unhas oposicións a bombeiro e comezou a traballar nos servizos de extinción da súa comarca. En xaneiro de 2006 resultou elixido Míster Ourense e ao ano seguinte venceu no concurso de Guapo de España, un certame paralelo ao de Míster España, e onde participou representando a Aragón por consello da súa axencia[3]. A partir desa primeira elección comezou a compaxinar o seu traballo de bombeiro co de modelo para empresas e casas comerciais. En marzo de 2008 resultou elixido Míster Universo no certame anual celebrado en Santo Domingo[2].

Como modelo ten desfilado ocasionalmente en Nova York e Miami. Tamén foi xogador do Antela FC, o equipo de fútbol a súa vila natal.

En 2019 presentouse ás eleccións municipais de Xinzo na candidatura do PP, mais non foi elixido concelleiro[4].

NotasEditar

  1. Abelenda, A. (1/12/2018). "Míster Universo y padre modelo". La Voz de Galicia. 
  2. 2,0 2,1 Santos, Ágatha de (18/3/2008). "IVÁN CABRERA TRIGO, Mister Universo: "Nunca dejaría mi trabajo de bombero por la moda"". Faro de Vigo (en castelán). 
  3. Torres, Patricia (18/3/2008). "Míster Universo 2008: "No haré nunca un desnudo integral por respeto a mis padres"". 20minutos (en castelán). Consultado o 29/3/2020. 
  4. Palomanes, Paula (10/5/2019). "Iván Cabrera: "Voy de número 11 pero involucrado estoy como el dos"". La Región (en castelán). Consultado o 29/3/2020.