Isomerase
En bioquímica unha isomerase é un encima que cataliza a redistribución estrutural dunha molécula, orixinando outra que isómera da primeira. As isomerases catalizan reaccións do tipo:
- A → B
onde B é un isómero de A.
Nomenclatura
editarOs nomes das isomerases están formados por substrato + isomerase (por exemplo, enoil CoA isomerase), ou por substrato + tipo de isomerase (por exemplo, fosfoglicomutase).
Clasificación
editarAs isomerases catalóganse como EC 5 en canto ao número EC para a clasificación dos encimas. Subdivídense nas seguintes seis subclases:
- EC 5.1. Isomerases que catalizan racemizacións (racemases) e epimerizacións (epimerases).
- EC 5.2. Isomerases que catalizan a isomerización de isómeros xeométricos (isomerases cis-trans).
- EC 5.3. Inclúe as oxidorredutases intramoleculares.
- EC 5.4. Inclúe as transferases intramoleculares (mutases).
- EC 5.5. Inclúe as liases intramoleculares.
- EC 5.99. Inclúe outras isomerases, como as topoisomerases.
Notas
editar- EC 5 Introduction do Departmento de Química do Queen Mary, Universidade de Londres.
- isomerase." Dorland's Medical Dictionary for Health Consumers. 2007. Saunders, an imprint of Elsevier, Inc 6 Nov. 2009 [1]
- isomerase." Webster's New World College Dictionary. LoveToKnow, n.d. Web. 6 de novembro de 2009. [2]