Isidre Nonell

artista español

Isidre Nonell i Monturiol, nado en Barcelona o 30 de novembro de 1872 e finado o 21 de febreiro de 1911[1] foi un pintor e debuxante. Está considerado un dos artistas catalán máis destacados de principios do século XX e unha figura básica do post-modernismo cunha obstinación por pintar temas que non estaban de moda na súa época.[2]

Infotaula de personaIsidre Nonell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1872 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1911 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteTifo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Colarossi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona
París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1887 Editar o valor em Wikidata - 1911 Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoPosmodernismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Xuventude editar

 
Edificio Sant Pere Més Baix onde naceu Nonell

Os pais, Isidre Nonell i Torras e Àngela Monturiol tiñan unha pequena pero próspera fábrica de pasta de sopa na súa casa en Barcelona.

Amigo de Joaquim Mir i Trinxet no colexio do barrio, artellou dende moi novo a súa vocación de artista. Aínda que ao pai lle gustaría que o seu fillo entrase na empresa familiar, apoiárono para que puidese vivir sen problemas materiais aínda que a súa pintura non lle deu uns ingresos importantes, salvo pouco antes da súa morte.

Educación artística editar

Nonell mostrou afección polo debuxo e entre 1884 e 1892 recibiu a súa primeira formación baixo a dirección dos pintores Josep Mirabent e Gabriel Martínez Altés; coincidiu con Xavier Nogués e practicaba con el o seu talento para debuxar caricaturas, e con Lluís Graner, por quen desenvolveu o seu interese polo tema dos marxinados (Graner traballou con xente da rúa e mendigos como modelos). Desta época data o primeiro cadro coñecido de Nonell, chamado O patio, que desapareceu durante a guerra civil.

En 1891, na Primeira Exposición Xeral de Belas Artes de Barcelona expuxo un cadro titulado Interior, do que só se sabe que era un óleo duns 69 × 55 cm, que estaba á venda por 260 pesetas.[3]

Nos cursos 1893-1894 e 1894-1895, el e Mir asistiron á Escola de Belas Artes de Barcelona, onde coñeceu a Ricard Canals, Ramon Pichot, Juli Vallmitjana, Adrià Gual e Joaquim Sunyer, amigos cos que Nonell compartía inquedanzas artísticas: pintura paisaxística e preocupación polos efectos luminosos e atmosféricos. Xuntos, organizaron excursións polos arredores de Barcelona e pintaron nunha linguaxe semiimpresionista, moitas veces en tons cálidos, polo que o grupo recibiu o nome do grupo Safrà (azafrán), ou Sant Martí, pois adoitaban pintar as paisaxes dese concello limítrofe con Barcelona.

En 1894, Nonell debuta no xornal La Vanguardia como ilustrador e inicia un período, ata 1904, de colaboracións en diversas revistas e publicacións de carácter artístico ou satírico como L'Esquella de la Torratxa, Barcelona Cómica, Pèl; Ploma, Forma, Papitu ou Quatre Gats. Esta última publicación tomou o nome do local Els Quatre Gats, e deu nome tamén ao grupo de artistas que o frecuentaban.[4]

No verán de 1896, Nonell, Canals e Vallmitjana foron a Caldes de Boí. A idea era ir traballar ao balneario que rexentaba a familia de Vallmitjana, e pintar e debuxar no tempo de lecer. Máis que a beleza da paisaxe, o que impresionou moito a Nonell foi a gran cantidade de persoas que viven nese val dos Pireneos afectados polo cretinismo, unha enfermidade glandular que provoca atrasos no desenvolvemento físico e mental. Nonell tomou nota daqueles personaxes pouco desenvolvidos e grotescos, e despois, ao seu regreso a Barcelona, e máis tarde a París, fixo toda unha serie de composicións máis elaboradas sobre o mesmo tema. A estadía en Boí marcou o traballo de Nonell no final dunha etapa fundamentalmente paisaxística e o inicio dunha nova etapa centrada sobre todo na figura humana e nos máis desfavorecidos e marxinados socialmente. Os moitos debuxos que Nonell realizou a partir de entón, nalgúns dos cales adoptou un procedemento técnico moi persoal e moi orixinal chamado frito, tiveron como protagonistas a pobres mendicantes, anciáns indefensos, xitanos, soldados feridos e repatriados da guerra de Cuba, entre outros.

Estadías en París editar

Entre 1897 e 1900, Nonell pasou dúas longas estancias en París, tempo no que entrou en contacto coa pintura francesa máis moderna, como lle contou por carta ao crítico de arte Raimon Casellas, onde expresou a súa admiración polos pintores impresionistas, cuxa pegada —xunto coa dos posimpresionistas Van Gogh ou Toulouse-Lautrec— manifestou na escasa produción pictórica deste período. Máis tarde, en 1907, expuxo a súa obra Estudi no Salon des Indépendants.

Regreso a Barcelona editar

Ao seu regreso a Barcelona, Nonell comezou a súa famosa serie de xitanos, que amosou na Sala Parés en dúas exposicións, en 1902 e 1903, cunha linguaxe nova e provocadora para o público e para os críticos de arte máis conservadores.[5] O crítico Casellas, que até entón o apoiara, rexeitou a nova orientación da súa pintura cara a un profundo miserabilismo. Este fracaso da crítica e do público prohibiulle expor na Sala Parés, entón a única sala de exposicións de Barcelona. A pesar da hostilidade, Nonell seguiu pintando xitanos, a maioría deles en actitudes de tristeza e desesperación, nunha paleta de cores moi escura. Nese tempo coincidiu e influíu no xove Picasso.[6]

Entre 1906 e 1907, a obra de Nonell deu un xiro cara a un cromatismo máis claro e brillante, ao tempo que incorporou modelos de pel clara en actitudes máis plácidas e amábeis, que substituíron aos poucos os seus melancólicos xitanos. En 1908, Nonell retomou o seu papel de ilustrador e comezou a colaborar coa revista satírica Papitu, fundada ese mesmo ano por Feliu Elias. Publicou 42 debuxos, algúns asinados cos pseudónimos bíblicos Noah e Joshua, que foron moi aplaudidos e que representaron para Nonell a compensación pola indiferenza xeral do público cara á súa obra pictórica.

En xaneiro de 1910, realizou unha exposición individual nas galerías Faianç Català de Barcelona, que supuxo o seu primeiro grande éxito e o recoñecemento definitivo da crítica e dunha parte importante do público. Foi unha retrospectiva na que se recolleron máis de 130 óleos ademais de debuxos, realizados ao longo de case unha década. A partir de aí, a obra de Nonell experimentou un importante xiro temático. Sen abandonar completamente as súas figuras, comezou a pintar bodegóns, cunha grande austeridade compositiva e unha gran riqueza cromática.

A pintura de Nonell é unha superación persoal do impresionismo, que dirixiu cara a un expresionismo de creación propia e que tamén se manifesta nos seus extraordinarios debuxos. Actualmente, en Cataluña, as obras deste artista pódense atopar no MNAC, na Biblioteca Museo Víctor Balaguer e no Museo Abelló de Mollet del Vallès.

O 21 de febreiro de 1911, Nonell morreu prematuramente de tifo, aos 38 anos.

Premios e recoñecementos editar

  • 1896 - Terceira Exposición de Belas Artes de Barcelona - Mención de Honra. [7]

Na cultura popular editar

En 1902, Eugeni d'Ors publicou en Pèl & Ploma un relato escuro titulado «La fi de l'Isidre Nonell».

Nonell é un dos protagonistas da película de ficción de 2018 La dona del segle ("A muller do século"), dirixida por Sílvia Quer cun guión baseado na novela homónima de Margarita Melgar.

A vida do pintor foi recreada a través dunha biografía cinematográfica de Joan Olivé i Vagué.[8]

Notas editar

  1. Ventosa i Calvell, Joan (1906). "El Poble català". El Poble Català. 
  2. "Biografia a culturcat". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  3. Segons la butlleta d'admissió núm. 230 de la Primera Exposició General de Belles Arts de Barcelona, arxiu del Museu d'Art Modern del MNAC
  4. "Isidre Nonell: El modernismo catalán y la pintura negra – Trianarts". trianarts.com. Consultado o 2022-01-25. 
  5. "Isidre Nonell, el artista denostado". El País (en castelán). 2011-02-21. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-01-25. 
  6. "La influència d’Isidre Nonell en el jove Picasso (en catalán)" (PDF). LOCUS AMOENUS. Consultado o 25-1-2022. 
  7. "Isidre Nonell i Monturiol". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  8. Pedro (2011). "La biografía en el cine no profesional. Formas, usos y planteamientos". En Camarero, Gloria (ed.). La biografía fílmica: actas del Segundo Congreso Internacional de Historia y Cine (2, 2010, Madrid) [cd-rom] (en castelán). Madrid: T&B editores. p. 307-321. ISBN 978-84-694-3147-4. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • DD.AA.: Isidre Nonell (1972–1911). Editorial MNAC, Barcelona i Fundación Cultural Mapfre, Madrid 2000, ISBN 84-89455-37-6.
  • DD.AA.: Isidre Nonell. Editorial Polígrafa, Barcelona 1996, ISBN 84-343-0817-7.
  • DD.AA.: Guia del Museu Nacional d'Art de Catalunya. Editado polo MNAC, 2004, ISBN 84-8043-136-9.
  • FONTBONA, Francesc, Nonell. Gent Nostra, Thor, Barcelona 1987.
  • NONELL, Carolina: Isidro Nonell. Su vida, su obra. Ed. Dossat. Madrid. 1967
  • JARDÍ i CASTANY, Enric: Nonell. Editorial Polígrafa, Barcelona 1969
  • JARDÍ i CASTANY, Enric: Nonell. Editorial Polígrafa, Barcelona 1984, ISBN 84-343-0412-0.
  • PLANA, Alexandre: L'obra d'Isidre Nonell. Publicacions de la Revista.Barcelona 1917
  • BENET, R[afael]. Nonell. Iberia-Joaquin Gil Editores. Barcelona 1946
  • BOU GIBERT, Lluís-Emili: Les anades de Nonell a París, D'art. Revista do Departamento de Historia da Arte. Facultade de Filosofia e Letras. Universidade de Barcelona. núm. 2. mayo 1973.
  • ESCALA ROMEU, Glòria: L'exposició de Nonell al Faianç Català, 1910. Revista de Catalunya, Barcelona, núm. 252 (xullo-agosto 2009), p. 91–115.

Ligazóns externas editar