Isabel Sarli

actriz arxentina

Hilda Isabel "la Coca" Gorrindo Sarli, nada en Concordia o 9 de xullo de 1935 e finada o 25 de xuño de 2019, foi unha actriz, vedette e modelo arxentina, coñecida por protagonizar numerosas películas de sexploitation realizadas por Armando Bó, entre as décadas de 1950 e 1980.

Isabel Sarli
Retrato de Isabel Sarli.jpg
Nome completoHilda Isabel Gorrindo Sarli
Alcume/outrosCoca
Nacemento9 de xullo de 1929
LugarConcordia
Falecemento25 de xuño de 2019
LugarBuenos Aires
CausaParada cardiorrespiratoria
NacionalidadeArxentina
Cónxuxe(s)Armando Bó
Profesiónactriz, modelo e concursante en certames de beleza
Na rede
IMDB: nm0765337 Allmovie: p63192 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sarli estableceuse como unha icona pop, gay e símbolo sexual. O seu traballo revalorizouse décadas máis tarde polo seu contido camp, naíf, charramangueiro e grotesco, o que á súa vez converteu os seus filmes en películas de culto.

TraxectoriaEditar

Comezou a traballar como secretaria para axudar á súa nai, pero logo ofrecéronlle ser modelo para todo tipo de produtos. Foi elixida Miss Arxentina en 1955, época na que coñeceu en persoa ó xeneral Juan Domingo Perón. No concurso Miss Universo de 1955 foi semifinalista.

En xuño de 1956 foi descuberta polo director Armando Bó, con quen establece unha relación persoal e profesional de longa duración. Sarli pasou a ser protagonista e musa inspiradora das películas de Bó. Pola súa parte, Bó era director, produtor e coprotagonista.

Ambos foron pioneiros do cine erótico local. Pese a sufriren a censura en varias escenas das súas películas, estas terminaron conquistando os mercados de todo o mundo, o que a fixo popular estrela da época en México, Paraguai, Panamá, Rusia, Xapón, Estados Unidos e outros países de Centro e Suramérica.

Bó convenceuna para encarnar a protagonista de El trueno entre las hojas, primeira de trinta producións realizadas entre ambos, onde protagonizou o primeiro espido total do cine arxentino. O filme foi un éxito e proxectouna como un símbolo sexual da súa xeración, que a veu por décadas en cintas como Furia infernal, Favela, Carne, Fiebre, Fuego, Sabaleros, Embrujada e Insaciable.

Ademais do seu país, rodou no Brasil, Filipinas, México, Paraguai, Venezuela e outros lugares. A actriz, que sempre se confesou tímida, definiuse como «sexy, erótica e perseguida polos homes» fronte á cámara.