Isabel Faraldo
sindicalista e política galega
Isabel Faraldo Calvo, nada en Labañou (Visma, A Coruña) en 1966, é unha sindicalista e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Labañou, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , política |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Traxectoria editar
Traballou nunha empresa téxtil. Conseguiu praza no Servizo Galego de Saúde, onde foi representante sindical. Foi candidata da Marea Atlántica nas eleccións municipais de 2019 pero non foi elixida. En setembro de 2020 o concelleiro Xiao Varela dimitiu,[1] e Isabel Faraldo entrou como concelleira, pero decidiu non integrarse no grupo político da Marea, optando polo seu paso ao grupo mixto.[2] É candidata da coalición Podemos Galicia-Alianza Verde nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.[3]
Notas editar
- ↑ Ferreiro, Xacobe. "Xiao Varela dimite como concelleiro na Coruña". Nós Diario. Consultado o 2022-04-25.
- ↑ "Podemos racha na Coruña co grupo da Marea Atlántica, que acusa a súa edil de "tránsfuga"". Praza Pública. 2020-10-07. Consultado o 2022-04-25.
- ↑ "Isabel Faraldo será a candidata de Podemos ás autonómicas galegas". www.publico.es. 2023-12-27. Consultado o 2023-12-30.