Isabel Calvo de Aguilar

escritora galega

Isabel Calvo de Aguilar, nada en Caldas de Reis en 1916, foi unha escritora galega en lingua castelá.

Isabel Calvo de Aguilar
Nome completoIsabel Calvo de Aguilar
Nacemento1916
 Caldas de Reis
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na década de 1950 fundou e presidiu a 'Asociación de Escritoras españolas. Foi daquela cando publicou a que, fóra da ficción, está considerada a súa meirande obra: Antología bibliográficas de escritoras españolas (1954).

No campo da novela, no cal chegou a ser cualificada como a Agatha Christie española[1], é autora de obras como Doce sarcófagos de oro (1951), El palacio chino (1952), La isla de los siete pecados (1953), La danzarina inmóvil (1954), El monje de los Balkanes ou El numismático.

Foi distinguida co Premio de Periodismo Costa del Sol.

Dirixiu en Madrid a colección Júpiter y Danae.

NotasEditar

  1. An Encyclopedia of Continental Women Writer (Volume One: A-K), Katharina M. Wilson. Garland Publishing, Inc. Nova York e Londres (1991). páx. 202 (en inglés)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar