Irmás por sorpresa

filme de 2018 dirixido por Saphia Azzeddine

Irmás por sorpresa (en francés: Demi-sœurs) é un filme francés de 2018 dirixido por Saphia Azzeddine e François-Régis Jeanne.

Irmás por sorpresa
Ficha técnica
Título orixinalDemi-sœurs
DirectorSaphia Azzeddine
François-Régis Jeanne
GuiónSaphia Azzeddine
François-Régis Jeanne
IntérpretesSabrina Ouazani
Alice David
Charlotte Gabris
MúsicaDamien Bonnel
Hugo Gonzalez-Pioli
FotografíaChristophe Graillot
MontaxeDimitri Amar
EstudioCapture the Flag Films
SND Groupe M6
EstreaFrancia 30 de maio de 2018
Galicia 8 de maio de 2024 (TVG)
Duración105 minutos
Orixe Francia
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt7195416 Allocine: 258210 Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 8 de maio de 2024 a través da TVG.[1]

Sinopse

editar

Salma, unha profesora de instituto que vive coa súa nai nun barrio dos arredores de París, recibe a noticia de que o seu pai biolóxico, a quen nunca coñeceu, morreu e lle deixou en herdanza un piso de 250 metros cadrados no centro da cidade. Cando acode ao notario, descobre que hai outras dúas herdeiras, fillas tamén ilexítimas do falecido: Olivia, unha nena obsesionada con recuperar a pastelería do seu pai, que pechou por quebra económica, e Lauren, que aspira a traballar no mundo da moda. Malia as súas diferenzas, as medias irmás deciden vivir xuntas no piso e unirse para enfrontarse á lexítima familia do seu pai, que quere impugnar a súa vontade.[2]

Personaxes

editar
  • Sabrina Ouazani como Salma
  • Alice David como Lauren
  • Charlotte Gabris como Olivia
  • Patrick Chesnais como o notario
  • Antoine Gouy como Benjamin
  • Barbara Probst como Justine
  • Ouidad Elma como Amal
  • Romain Lancry como Matteo
  • Tiphaine Daviot como Emmanuelle
  • Anne Loiret como Marina
  • Nicolas Bridet como Andrea
  • Marion Lubat como Clélia
  • Sam Karmann como Léo
  • Meriem Serbah como a nai de Salma
  • Valéria Cavalli como a nai de Olivia
  • Sophie Duez a nai de Lauren
  • Luana Duchemin como Victoire
  • Ander Lafond como o veciño
  • Aram Arakelyan como o poeta
  • Mademoiselle Agnès como modelo
  1. @AntRubal (ed.). "Irmás por sorpresa en galego na TVG". Consultado o 21 de maio de 2024. 
  2. AlloCine (ed.). "Demi-sœurs" (en francés). Consultado o 2020-12-19.