Irish Baroque Orchestra
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A Irish Baroque Orchestra (en galego Orquestra Barroca Irlandesa) é unha orquestra adicada á música antiga que emprega instrumentos de época, sendo amais a única orquestra profesional destas características na República de Irlanda. Foi fundada en 1996 polo organista neozelandés Mark Duley e Thérèse Timoney. Actualmente o seu director artístico é Monica Huggett.[1]
A orquestra presenta catro concertos por tempada con varias interpretacións de cada programa. Cada tempada inclúe unha semada de formación, en colaboración co Conservatory of Music and Drama do Dublin Institute of Technology. O seu repertorio céntrase na música dos séculos XVII e SVIII.[2]
As súas interpretacións esténdense por toda a xeografía irlandesa, sendo orquestra residente do Ardee Baroque Festival cada mes de novembro en Ardee, Condado de Louth. No 2009, a orquestra participou no Dublin Handel Festival.[3]
Está patrocinada pola RTÉ lyric fm e o Arts Council of Ireland.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Irish Baroque Orchestra: About". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2008. Consultado o 07 de novembro de 2011.
- ↑ Munster Express: Review
- ↑ "Temple Bar Cultural Trust". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 07 de novembro de 2011.