Intolerancia aos alimentos

Enténdese por intolerancia aos alimentos a incapacidade de consumir certos alimentos ou nutrientes sen sufrir efectos adversos sobre a saúde. Estes efectos poden ser máis ou menos rápidos.

Intolerancia aos alimentos
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A intolerancia aos alimentos distínguese da alerxia alimentaria en que esta última provoca unha resposta do sistema inmune, activando a inmunoglobulina E (IgE), mentres que a intolerancia, non.

O exemplo máis común de intoleracia aos alimentos é a intolerancia á lactosa, que se debe non só á insuficiencia do enzima lactase, que impide a correcta absorción da lactosa, senón tamén á intolerancia ás proteínas da vaca. Preséntase en nenos ao consumir leite de vaca ou leite materno dunha nai (ou dunha ama de cría) que consumira leite ou carne de tenreira. Outras intolerancias comúns son ao glute, ao ovo e ao peixe ou marisco.

Segundo o grao de intolerancia á lactosa, pódese producir desde un rexeitamento inmediato a toda clase de leite até síntomas de difícil diagnóstico, xa que unha malabsorción da lactosa produce unha acumulación de gases no intestino, causantes de dor abdominal e incluso dor de estómago e vómitos. É un exemplo de efecto rápido sobre a saúde.

No caso da intolerancia ás proteínas do leite de vaca (IPLV), as persoas, en especial os nenos, non son capaces de dixerilas e prodúcenlles trastornos dixestivos que sinalan chorando e non podendo durmir. Esta intolerancia adoita desaparecer ao pasaren uns anos e combátese mediante biberóns dun leite especial que non provén da vaca ou un leite hidrolizado.

Tipos de intolerancia aos alimentos editar

Véxase tamén editar