Intervalo triangular escapular
O intervalo triangular escapular é unha estrutura anatómica do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Está delimitado por:
- O bordo lateral da porción longa do tríceps braquial
- A diáfise umeral
- O bordo inferior do músculo redondo maior
Intervalo triangular | |
---|---|
Intervalo triangular na axila | |
Vascularización escapular |
O espazo sitúase por debaixo do bordo inferior do músculo redondo maior, que delimita o bordo inferior da axila, polo que o intervalo triangular serve de lugar de paso entre os compartimentos anterior e posterior do brazo, e entre o compartimento posterior do brazo e a axila. O nervio radial, a arteria braquial fonda e as veas satélite pasan por este espazo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarGray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)