Intermediate eXperimental Vehicle

Intermediate eXperimental Vehicle ou IXV é un vehículo experimental de tipo corpo sustentador da Axencia Espacial Europea.[1][2][3]

Un modelo de IXV cos flotadores para recuperalo do océano.

Características editar

IXV é unha nave experimental para probar tecnoloxías asociadas á reentrada atmosférica. Ten forma de corpo sustentador de 5 m de longo, 1,5 m de alto e 2,2 m de ancho, maximizando o volume interno para acoller experimentos e sensores. Entre as tecnoloxías que tiñan que ser validadas por IXV estaban:[1][2][3]

  • Aeotermodinámica: validación do deseño de IXV e as ferramentas usadas para construílo e deseñalo, así como validación dos modelos de reentrada e comportamento dos gases arredor do vehículo a velocidades hipersónicas.
  • Guiado de navegación e control: mellora dos algoritmos de guiado, acoplamento entre medidas de navegación intercial e GPS, estudar a combinación de flaps e propulsores para o control de voo, estudar os problemas de guiado e control na fase de voo hipersónico durante a reentrada.
  • Protección térmica e estruturas quentes: validación do rendemento de voo en canto aos materiais de protección térmica e solucións de deseño complexo, como xuntas de expansión, selos, etc.

IXV foi lanzado a bordo dun foguete Vega o 11 de febreiro de 2015 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa, amerizando no océano Pacífico, onde foi recuperado.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2023). "IXV" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "IXV" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 ESA, ed. (2023). "Intermediate eXperimental Vehicle" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar