Intelsat

(Redirección desde «Intelsat-3 2»)

Intelsat é un provedor intergubernamental de servizos por satélite. Posúe unha das frotas de satélites de comunicacións máis grandes, cuns 50 satélites en propiedade. O primeiro satélite comercial de comunicacións, o Early Bird ou Intelsat 1, lanzado en 1965, pertencía a Intelsat. A empresa entrou en bancarrota en maio de 2020.[1]

O Intelsat-6 3 sendo liberado da bodega de carga do transbordador espacial.

Intelsat 1

editar

Intelsat 1, coñecido inicialmente como Early Bird, foi o primeiro satélite de comunicacións comercial. Lanzado o 6 de abril de 1965 mediante un foguete Delta D a unha órbita xeosíncrona, tiña unha masa de 68 kg, forma cilíndrica, estaba recuberto de células solares para producir enerxía e estabilizábase mediante xiro. Foi construído por Hughes Aircraft Company co bus HS-303 e foi posto en servizo comercial o 28 de xuño, comunicando ambos lados do Atlántico. Tiña capacidade para 240 circuítos de telefonía ou un de televisión. Foi posto fóra de servizo en 1969 a pesar de que foi deseñado para unha vida útil de 18 meses.[2][1]

Intelsat 2

editar

Houbo catro satélites da serie Intelsat 2, os tres primeiros coñecidos inicialmente como Blue Bird, Lani Bird e Canary Bird respectivamente. Foron lanzados entre 1966 e 1967, os catro mediante foguetes Delta E1. Foron construídos usando o bus HS-303A e, con 162 kg, eran os satélites de comunicacións máis grandes lanzados ata o momento. Levaban unha antena de deseño avanzado que lles permitía estar en contacto con varias estacións terrestres simultaneamente. Tiñan forma cilíndrica e estabilizábanse mediante xiro[3][1]

Intelsat 3

editar

Lanzáronse oito satélites da serie Intelsat 3, o primeiro non chegando a órbita por un problema no foguete lanzador. Os oito usaron foguetes Delta M para ser lanzados, entre 1968 e 1970. Tiñan unha masa de 293 kg, forma cilíndrica, estabilización mediante xiro e células solares cubrindo a súa superficie. Cada satélite tiña dous transpondedores que lles daban capacidade para transmitir 1500 circuítos telefónicos ou catro de televisión.[4][1]

Intelsat 4

editar

Da serie Intelsat 4 houbo outros oito membros, co sexto chegando a órbita por un problema do foguete lanzador, un Atlas SLV-3D. Os oito foron lanzados entre 1971 e 1975, e non en orde secuencial. Usaban o bus HS-312, tiñan unha masa de 1414 kg, forma cilíndrica, estabilización mediante xiro e células solares cubrindo a súa superficie, cunha capacidade para cursar 6000 chamadas de voz bidireccionais ou transmitir 12 canais de televisión en cor de maneira simultánea.[5][1]

Intelsat 4A

editar

Os seis Intelsat 4A eran unha versión mellorada dos Intelsat 4. Tiñan unha masa de 1515 kg, usaban o bus HS-313, forma cilíndrica, estabilización mediante xiro e células solares cubrindo a súa superficie. Tiñan unha altura total de 7,01 m, un diámetro de 2,38 m e levaban 20 transpondendores en banda C a bordo, catro máis que os Intelsat 4. Todos foron lanzados mediante foguetes Atlas SLV-3D entre 1975 e 1978, co quinto non chegando a órbita por culpa dun fallo do foguete.[6][1]

Intelsat 5

editar

Os nove Intelsat da serie 5 foron os primeiros satélites Intelsat estabilizados nos tres eixos. Para a estabilización usaban volantes de inercia. Tiñan unha masa de 1928 kg e dous paneis solares que xeraban ata 1800 W de potencia. Levaban a bordo 21 transpondedores en banda C e 4 en banda Ku capaces de xestionar 12.000 chamadas e 2 canais de televisión. Foron lanzados entre 1980 e 1984, coa perda da novena unidade por un fallo do foguete lanzador. Con esta serie os satélites tamén empezaron a ser nomeados de maneira alternativa con tres cifras, a primeira sendo a serie e as seguintes o número de satélite dentro da serio, por exemplo Intelsat 501.[7][1]

Intelsat 5A

editar

Os seis Intelsat da serie 5A eran versións melloradas da serie 5 e continuaron a súa numeración. Levaban a bordo máis transpondedores (26 en banda C e 6 en banda Ku), capaces de xestionar 15.000 chamadas e 2 canais de televisión, e tiñan unha masa algo maior (2013 kg). Foron lanzados entre 1985 e 1989, coa perda do Intelsat-5A 14 polo fallo do foguete lanzador. Intelsat-5A 13 acabou sendo coñecido tamén como NSS 513, e o 15 como Columbia 515.[8][1]

Intelsat 6

editar

Houbo cinco satélites Intelsat 6, construídos co bus HS-389 e lanzados entre 1989 e 1991. Foron os satélite de comunicacións máis complexos e masivos do seu tempo, rondando as catro toneladas cada un. No seu deseño participaron, á parte da súa construtora, Hughes Aircraft Company, multitude de empresas internacionais, como British Aerospace, Spar Aerospace Ltd., COM DEV, Thomson Tubes Electroniques, Alcatel Espace, Alenia Spazio, NEC, MBB Dasa e AEG-Telefunken. Levaban a bordo 38 transpondendores en banda C e 10 en banda Ku. Tiñan forma cilíndrica, con 5,3 m de alto (coas antenas recollidas) e 3,6 m de diámetro, estabilizábanse mediante xiro e ían recubertos de células solares que proporcionaban ata 2600 W de potencia. Intelsat-6 3 non chegou á súa órbita definitiva por problemas co foguete lanzador, e en 1992 foi recollido polo transbordador espacial Endeavour para colocarlle un novo foguete propulsor e envialo á súa órbita definitiva.[9][1]

Intelsat K

editar

Intelsat K foi o primeiro satélite con unicamente transpondedores (16) en banda Ku de Intelsat. Foi orixinalmente construído para a empresa GE Americom co nome Satcom K4, pero foi adquirido por Intelsat en 1989 e a súa carga útil reacondicionada. Estaba baseado no bus AS-5000, estabilizábase nos tres eixos e tiña unha masa de 2836 kg, cunha potencia de 4800 W. Posteriormente foi cedido á empresa New Skies e renomeado NSS K. Foi lanzado o 10 de xuño de 1992 mediante un foguete Atlas IIAS.[10][1]

Intelsat 7

editar

Os Intelsat 7 volveron a ser satélites estabilizados nos tres eixos. Usaban o bus SSL-1300, de Space Systems Loral. Tiñan unha masa duns 3600 kg e levaban 26 transpondedores en banda C e 10 en banda Ku. Os seus paneis solares xeraban ata 3600 W de potencia e foron lanzados entre 1993 e 1996.[11][1]

Intelsat 7A

editar

Ao igual que os Intelsat 7, os 7A usaban o bus SSL-1300 pero producían unha maior potencia, ata 4800 W, e tiñan unha masa maior, uns 4180 kg cada unidade. Levaban a bordo catro transpondedores adicionais en banda Ku. Lanzáronse tres unidades entre 1995 e 1996, coa última fallando por un problema co seu foguete lanzador, un Longa Marcha 3B.[12][1]

Intelsat 8

editar

A serie 8 de Intelsat estaba formada por catro unidades. Usaban o bus AS-7000, estaban estabilizados nos tres eixos e tiñan unha masa de 3245 kg. Deseñados para dar unha cobertura maior en banda C, levaban a bordo 38 transpondedores deste tipo e 6 en banda Ku. Todos foron lanzados durante 1997. Intelsat 804 deixou de funcionar en xaneiro de 2005 debido a un problema grave no seu sistema de enerxía. Intelsat 803 foi cedido á operadora New Skies e renomeado NSS 803 en primeiro lugar e logo NSS 5.[13][1]

Intelsat 8A

editar

Os dous Intelsat 8A lanzados usaban tamén o bus AS-7000, ao igual que os Intelsat 8, pero tiñan unha masa lixeiramente maior (3524 kg) e levaban menor cantidade de transpondedores (28 en banda C e 3 en banda Ku). Intelsat 806 foi cedido á operadora New Skies e renomeado NSS 806.[14][1]

Intelsat 9

editar

Os sete Intelsat 9 foron deseñados como melloras da serie Intelsat 7. Usan o bus aumentado SSL-1300HL, cunha maior potencia (máis de 8 kW xerados polos seus paneis solares) e máis cantidade de transpondedores (44 en banda C e 12 en banda Ku). Foron lanzados entre 2001 e 2003.[15][1]

Intelsat 10

editar

Só un dos dous satélites Intelsat 10 planificados (o Intelsat 10-02) chegou a ser lanzado. No seu momento foi o maior satélite de comunicacións lanzado, construído sobre o bus Eurostar-3000 e cunha masa de 5575 kg e 8 kW de potencia proporcionados polos seus paneis solares. Levaba a bordo 45 transpondedores en banda C e 16 en banda Ku. Foi lanzado o 16 de xuño de 2004 mediante un foguete Proton M Briz-M e tamén foi coñecido como Thor 10-02 ao ser a metade dos transpondedores en banda Ky propiedade de Telenor.[16][1]

Intelsat 11

editar

Intelsat 11 foi un satélite construído inicialmente por Orbital Sciences Corporation para PanAmSat Corporation pero que máis tarde pasou a ser propiedade de Intelsat. Baseado no bus Star-2, tiña unha masa de 2491 kg e levaba 18 transpondedores en banda Ku e 16 en C. Foi lanzado o 5 de outubro de 2007 mediante un foguete Ariane 5.[17][1]

Intelsat 12

editar

Intelsat 12 comezou sendo propiedade de Europe Star e chamándose Europe Star 1. Despois foi vendido a PanAmSat, que á súa vez foi comprada por Intelsat, co que o satélite adquiríu o seu nome definitivo. Tiña unha masa de 4167 kg, estaba construído sobre o bus SSL-1300 e tiña 30 transpondedores en banda Ku. Daba cobertura a Europa, a parte sur de África, oriente medio e a India. Foi lanzado o 29 de outubro de 2000 mediante un foguete Ariane 4.[18][1]

Intelsat 13

editar

Intelsat 13, ou Intelsat Americas 13, comezou a súa andaina como EchoStar IX, un satélite pertencente á empresa EchoStar que tamén era coñecido como Telstar 13 por levar parte da carga útil pertencente a Telstar. O satélite foi vendido en xullo de 2003 a Intelsat, que lle cambiou o nome a Intelsat Americas 13 e máis tarde a Galaxy 23. O satélite tiña unha masa de 4737 kg e usaba o bus SSL-1300, con dous transpondedores en banda Ka, 32 en banda Ku e 24 en banda C. Foi lanzado o 8 de agosto de 2003 mediante un foguete Zenit-3SL.[19][1]

Intelsat 14

editar

Intelsat 14 ten unha masa de 5663 kg e usa o bus SSL-1300, con 22 transpondedores en banda Ku e 40 en banda C. Foi lanzado o 23 de novembro de 2009 mediante un foguete Atlas 5 e ten unha vida esperada de 15 anos.[20][1]

Intelsat 15 (JCSat 85) e 16

editar

Intelsat 15 foi construído por Orbital Sciences usando o bus Star-2.4, ten unha masa de 2484 kg e leva a bordo 22 transpondedores en banda Ku. Os seus paneis solares xeran 4,6 kW de potencia e foi lanzado para substituír o Intelsat 709. Cinco dos transpondedores comercialízanse a través da empresa JSAT, polo que o satélite tamén se coñece como JSat 85. Foi lanzado o 30 de novembro de 2009 mediante un foguete Zenit-3SLB. Intelsat 16 usa o mesmo bus e leva 24 transpondedores en banda Ku. Foi lanzado o 12 de febreiro de 2010 mediante un Proton M Briz-M.[21][22][1]

Intelsat 17

editar

Intelsat 17 ten unha masa de 5540 kg e usa o bus SSL-1300 de Space Systems Loral, con 28 transpondedores en banda C e 46 en banda Ku. Foi lanzado para substituír a Intelsat 702 o 26 de novembro de 2010 mediante un foguete Ariane 5.[23][1]

Intelsat 18

editar

Intelsat 18 usa o bus Star-2.4 de Orbita Sciences, ten unha masa de 3200 kg, leva 24 transpondedores en banda C e 12 en banda Ku e os seus paneis xeran 4,9 kW de potencia. Foi lanzado para substituír a Intelsat 701 o 5 de outubro de 2011 mediante un foguete Zenit-3SLB.[24][1]

Intelsat 19 e 20

editar

Intelsat 19 e 20 foron construídos por Space Systems Loral coa súa plataforma SSL-1300. Intelsat 19 ten unha masa de 5600 kg e leva 24 tranpondedores en banda C e 34 en banda Ku, mentres que Intelsat 20 pesa 6094 kg e leva respectivamente 24 e 54 máis un tranpondedor en banda Ka. Foron lanzados respectivamente o 1 de xuño e o 2 de agosto de 2012, o primeiro mediante un Zenit-3SL e o segundo mediante un Ariane 5.[25][26][1]

Intelsat 21

editar

Intelsat 21 foi construído por Boeing co seu bus BSS-702MP. Ten unha masa de 5984 kg e leva a bordo 24 transpondedores en banda C e 36 en banda Ku. Foi lanzado o 19 de agosto de 2012 para substituír a Intelsat 9 mediante un foguete Zenit-3SL.[27][1]

Intelsat 22

editar

Construído tamén por Boeing co bus BSS-702MP, ten unha masa de 6199 kg e leva a bordo 24 transpondedores en banda C, 18 en banda Ku e 18 en UHF. Foi lanzado o 25 de marzo de 2012 mediante un foguete Proton M Briz-M.[28][1]

Intelsat 23

editar

Intelsat 23 foi encargado a Orbital Sciences en decembro de 2009. Usa o bus Star-2.4E e os seus paneis xeran 4,8 kW de potencia. Ten unha masa de 2730 kg e leva a bordo 24 transpondedores en banda C e 15 en banda Ku. Foi lanzado o 14 de outubro de 2012 mediante un foguete Proton M Briz-M.[29][1]

Intelsat 24

editar

Intelsat 24 comezou sendo AMOS 1, un satélite de comunicacións israelí desenvolvido por Israel Aircraft Industries con axuda de DASA e Alcatel Espace para a empresa Spacecom. Foi vendido en 2009 a Intelsat, que lle cambiou o nome por Intelsat 24. O satélite ten 961 kg de masa e leva sete transpondedores en banda Ku. Foi lanzado o 16 de maio de 1996 mediante un foguete Ariane 4.[30][1]

Intelsat 25

editar

Intelsat 25 foi comprado á empresa ProtoStar en outubro de 2009. Previamente denominado ProtoStar 1, o satélite foi construído por Space Systems Loral coa plataforma SSL-1300, tiña unha masa de 4100 kg e levaba a bordo 16 transpondedores en banda Ku e 36 en banda C. Foi lanzado o 7 de xullo de 2008 mediante un Ariane 5.[31][1]

Intelsat 26

editar

Intelsat 26 comezou a súa vida sendo JCSat 4, un satélite da compañía Japan Satellite Systems lanzado o 17 de febreiro de 1997 a bordo dun Atlas IIAS. Foi adquirido por Intelsat a finais de 2009. O satélite ten unha masa de 3105 kg, foi construído por Hughes co bus HS-601 e leva a bordo 12 transpondedores en banda C e 28 en banda Ku.[32][1]

Intelsat 27

editar

Intelsat 27 foi lanzado o 1 de febreiro de 2013 a bordo dun Zenit-3SL, pero non chegou a órbita por un fallo do foguete. O seu cometido era substituír a Intelsat 34.[33][1]

Intelsat 28

editar

Intelsat 28 comezou sendo New Dawn, unha aventura conxunta entre Intelsat e un grupo invertidor de Suráfrica. Foi lanzado o 22 de abril de 2011 mediante un Ariane 5 e levaba 24 transpondedores en banda Ku e 28 en banda C. Unha vez en órbita o satélite foi incapaz de despregar o reflector da súa antena para banda C, recortando á metade as súas prestacións. O mesmo problema xurdiu co reflector da antena en banda Ku, pero o motor deste foi capaz de finalmente poñelo en servizo.[34][1]

Intelsat 29e

editar

Intelsat 29e leva 14 transpondedores en banda C, 56 en Ku e 1 en Ka. Foi construído por Boeing co bus BSS-702MP, ten unha masa de 6552 kg e un tempo de vida estimado de 15 anos. Foi lanzado o 27 de xaneiro de 2016 mediante un foguete Ariane 5 para dar cobertura sobre norteamérica e suramérica. O 7 de abril de 2019 o satélite sufriu un problema no seu sistema de propulsión, causando a interrupción do servizo. Dous días máis tarde o control de terra perdeu contacto co satélite e o 18 de abril Intelsat declarou o satélite perdido. Observacións desde terra mostran que arredor do satélite hai unha nube de restos, polo que se hipotiza cunha explosión debida a un curtocircuíto ou a un impacto dun micrometeorito.[35][1]

Intelsat 30 e 31 (DLA 1 e 2)

editar

Intelsat 30 e 31, tamén coñecidos como DLA 1 e 2, foron construídos por Space Systems Loral co bus SSL-1300. Teñen unha masa duns 6300 kg e 10 transpondedores en banda C e 72 en banda Ku cada un. Emiten para América Latina e foron lanzados o 16 de outubro de 2014 e o 9 de xuño de 2016 mediante un foguete Ariane 5 e un Proton M Briz-M respectivamente.[36][1]

Intelsat 32e

editar

Intelsat 32e, tamén coñecido como Sky-Brasil 1 porque parte da carga útil pertence a esta empresa, é un satélite de 6000 kg de masa con 81 transpondedores en banda Ku e 21 en banda Ka a bordo. Foi construído por EADS Astrium co bus Eurostar-3000X e lanzado o 14 de febreiro de 2017 mediante un Ariane 5.[37][1]

Intelsat 33e

editar

Intelsat 33e foi encargado en maio de 2013 por Intelsat a Boeing. Foi construído usando o bus BSS-702MP, ten unha masa de 6600 kg e leva a bordo varois transpondedores en banda C e Ku. Foi lanzado o 24 de agosto de 2016 xunto con Intelsat 36 mediante un Ariane 5.[38][1]

Intelsat 34

editar

Intelsat 34, tamén coñecido como Hispasat 55W-2 por levar parte da carga útil pertencente a Hispasat, é un satélite de comunicacións de 330 kg lanzado o 20 de agosto de 2015 mediante un foguete Ariane 5. Leva a bordo 24 transpondedores en banda C e 24 en banda Ku.[39][1]

Intelsat 35e

editar

Intelsat 34 foi construído por Boeing co bus BSS-702MP e lanzado o 5 de xullo de 2017 mediante un foguete Falcon 9. Ten unha masa de 6761 kg e leva a bordo varios transpondedores en banda C e Ku.[40][1]

Intelsat 36

editar

Intelsat 36 foi lanzado o 24 de agosto de 2016 mediante un Ariane 5, xunto con Intelsat 33e, para dar servizo á zona de África e o sur de Asia. Foi construído por Space Systems Loral co bus SSL-1300. Ten unha masa de 3253 kg e leva 10 transpondedores en banda C e 30 en banda Ku.[41][1]

Intelsat 37e

editar

Cunha masa de 6438 kg, Intelsat 37e foi lanzado o 29 de setembro de 2017 mediante un Ariane 5. Foi construído por Boeing baixo a plataforma BSS-702MP e leva transpondedores en banda C, Ku e Ka.[42][1]

Intelsat 38 (Azerspace 2)

editar

Intelsat 38 ou Azerspace 2 foi o resultado da colaboración entre Intelsat e a empresa Azercosmos para dar continuidade á cobertura proporcionada por Intelsat 12. Ten unha masa de 3500 e usa o bus SSL-1300.[43][1]

Intelsat 39

editar

Intelsat 39 ten unha masa de 6600, usa o bus SSL-1300 e foi lanzado o 6 de agosto de 2019 a bordo dun Ariane 5 para substituír a Intelsat 902. Usa transpondedores en banda C e Ku para dar servizo a África, Europa, oriente medio e Asia.[44][1]

Intelsat 40e/TEMPO

editar

Intelsat 40e usa o bus SSL-1300 e foi lanzado o 7 de abril de 2023 a bordo dun Falcon 9 para dar servizo a América central e do norte. Leva a bordo transpondedores en banda C, Ka e Ku, ademais da carga útil TEMPO (Tropospheric Emissions: Monitoring of Pollution), un espectrómetro no visible e no ultravioleta para medir a contaminación.[45][1]

Historial de lanzamentos

editar
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][11][12][13][14][15][10][16][17][18][19][19][20][21][22][23][24][20][21][22][23][24][25][26][27][28][29][30][31][32][33][34][35][36][37][38][39][40][41][42][38][39][40][41][42][43][44][45] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][11][12][13][14][15][10][16][17][18][19][19][20][21][22][23][24][20][21][22][23][24][25][26][27][28][29][30][31][32][33][34][35][36][37][38][39][40][41][42][38][39][40][41][42][43][44][45] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][11][12][13][14][15][10][16][17][18][19][19][20][21][22][23][24][20][21][22][23][24][25][26][27][28][29][30][31][32][33][34][35][36][37][38][39][40][41][42][38][39][40][41][42][43][44][45] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][11][12][13][14][15][10][16][17][18][19][19][20][21][22][23][24][20][21][22][23][24][25][26][27][28][29][30][31][32][33][34][35][36][37][38][39][40][41][42][38][39][40][41][42][43][44][45]
Intelsat-1 6 de abril de 1965 Delta D Éxito
Intelsat-2 1 26 de outubro de 1966 Delta E1 Fallo parcial. O satélite non chegou á órbita prevista, aínda que puido funcionar como satélite de comunicacións.
Intelsat-2 2 11 de xaneiro de 1967 Delta E1 Éxito
Intelsat-2 3 23 de marzo de 1967 Delta E1 Éxito
Intelsat-2 4 28 de setembro de 1967 Delta E1 Éxito
Intelsat-3 1 19 de setembro de 1968 Delta M Fallo
Intelsat-3 2 19 de decembro de 1968 Delta M Éxito
Intelsat-3 3 6 de febreiro de 1969 Delta M Éxito
Intelsat-3 4 22 de maio de 1969 Delta M Éxito
Intelsat-3 5 26 de xullo de 1969 Delta M Fallo parcial
Intelsat-3 6 15 de xaneiro de 1970 Delta M Éxito
Intelsat-3 7 23 de abril de 1970 Delta M Éxito
Intelsat-3 8 23 de xullo de 1970 Delta M Éxito
Intelsat-4 2 26 de xaneiro de 1971 Atlas SLV3C Éxito
Intelsat-4 3 20 de decembro de 1971 Atlas SLV3C Éxito
Intelsat-4 4 23 de xaneiro de 1972 Atlas SLV3C Éxito
Intelsat-4 5 13 de xuño de 1972 Atlas SLV3C Éxito
Intelsat-4 7 23 de agosto de 1973 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-4 8 21 de novembro de 1974 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-4 6 20 de febreiro de 1975 Atlas SLV3D Fallo
Intelsat-4 1 22 de maio de 1975 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-4A 1 26 de setembro de 1975 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-4A 2 29 de xaneiro de 1976 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-4A 4 26 de maio de 1977 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-4A 5 30 de setembro de 1977 Atlas SLV3D Fallo
Intelsat-4A 3 7 de xaneiro de 1978 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-4A 6 31 de marzo de 1978 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-5 2 6 de decembro de 1980 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-5 1 23 de maio de 1981 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-5 3 15 de decembro de 1981 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-5 4 5 de marzo de 1982 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-5 5 28 de setembro de 1982 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-5 6 19 de maio de 1983 Atlas SLV3D Éxito
Intelsat-5 7 19 de outubro de 1983 Ariane 1 Éxito
Intelsat-5 8 5 de marzo de 1984 Ariane 1 Éxito
Intelsat-5 9 9 de xuño de 1984 Atlas G Fallo
Intelsat-5A 10 22 de marzo de 1985 Atlas G Éxito
Intelsat-5A 11 30 de xuño de 1985 Atlas G Éxito
Intelsat-5A 12 28 de setembro de 1985 Atlas G Éxito
Intelsat-5A 14 31 de maio de 1986 Ariane 2 Fallo
Intelsat-5A 1 17 de maio de 1988 Ariane 2 Éxito
Intelsat-5A 15 23 de maio de 1981 Ariane 2 Éxito
Intelsat-6 2 27 de outubro de 1989 Ariane 4 Éxito
Intelsat-6 3 14 de marzo de 1990 Titan III Fallo parcial
Intelsat-6 4 23 de xuño de 1990 Titan III Éxito
Intelsat-6 5 14 de agosto de 1991 Ariane 4 Éxito
Intelsat-6 1 29 de outubro de 1991 Ariane 4 Éxito
Intelsat K 10 de xuño de 1992 Atlas IIAS Éxito
Intelsat-7 1 22 de outubro de 1993 Ariane 4 Éxito
Intelsat-7 2 17 de xuño de 1994 Ariane 4 Éxito
Intelsat-7 3 6 de outubro de 1994 Atlas IIAS Éxito
Intelsat-7 4 10 de xaneiro de 1995 Atlas IIAS Éxito
Intelsat-7 5 22 de marzo de 1995 Atlas IIAS Éxito
Intelsat 706 17 de maio de 1995 Ariane 4 Éxito
Intelsat 708 14 de febreiro de 1996 CZ-3B Fallo
Intelsat 707 14 de marzo de 1996 Ariane 4 Éxito
Intelsat 24 (AMOS 1) 16 de maio de 1996 Ariane 4 Éxito
Intelsat-7 1 15 de xuño de 1996 Ariane 4 Éxito
Intelsat 26 17 de febreiro de 1997 Atlas IIAS Éxito
Intelsat 801 1 de marzo de 1997 Ariane 4 Éxito
Intelsat 802 25 de xuño de 1997 Ariane 4 Éxito
Intelsat 803 23 de setembro de 1997 Ariane 4 Éxito
Intelsat 804 22 de decembro de 1997 Ariane 4 Éxito
Intelsat 805 18 de xuño de 1998 Atlas IIAS Éxito
Intelsat 806 28 de febreiro de 1998 Atlas IIAS Éxito
Intelsat 12 29 de outubro de 2000 Ariane 4 Éxito
Intelsat 901 9 de xuño de 2001 Ariane 4 Éxito
Intelsat 902 30 de agosto de 2001 Ariane 4 Éxito
Intelsat 903 30 de marzo de 2003 Proton K/DM-3 Éxito
Intelsat 904 23 de febreiro de 2002 Ariane 4 Éxito
Intelsat 905 5 de xuño de 2002 Ariane 4 Éxito
Intelsat 906 6 de setembro de 2002 Ariane 4 Éxito
Intelsat 907 15 de febreiro de 2003 Ariane 4 Éxito
Intelsat 13 8 de agosto de 2003 Zenit-3SL Éxito
Intelsat 10-02 16 de xuño de 2004 Proton M Briz-M Éxito
Intelsat 11 5 de outubro de 2007 Ariane 5 Éxito
Intelsat 25 7 de xullo de 2008 Ariane 5 Éxito
Intelsat 14 23 de novembro de 2009 Atlas 5 Éxito
Intelsat 15 30 de novembro de 2009 Zenit-3SLB Éxito
Intelsat 16 12 de febreiro de 2010 Proton M Briz-M Éxito
Intelsat 17 26 de novembro de 2010 Ariane 5 Éxito
Intelsat 28 22 de abril de 2011 Ariane 5 Éxito
Intelsat 18 5 de outubro de 2011 Zenit-3SLB Éxito
Intelsat 22 25 de marzo de 2012 Proton M Briz-M Éxito
Intelsat 19 1 de xuño de 2012 Zenit-3SL Éxito
Intelsat 20 2 de agosto de 2012 Ariane 5 Éxito
Intelsat 21 19 de agosto de 2012 Zenit-3SL Éxito
Intelsat 23 14 de outubro de 2012 Proton M Briz-M Éxito
Intelsat 27 1 de febreiro de 2013 Zenit-3SL Fallo
Intelsat 30 16 de outubro de 2014 Ariane 5 Éxito
Intelsat 34 20 de agosto de 2015 Ariane 5 Éxito
Intelsat 29e 27 de xaneiro de 2016 Ariane 5 Éxito
Intelsat 31 9 de xuño de 2016 Proton M Briz-M Éxito
Intelsat 33e 24 de agosto de 2016 Ariane 5 Éxito
Intelsat 36 24 de agosto de 2016 Ariane 5 Éxito
Intelsat 32e 14 de febreiro de 2017 Ariane 5 Éxito
Intelsat 35e 5 de xullo de 2017 Falcon 9 Éxito
Intelsat 37e 29 de setembro de 2017 Ariane 5 Éxito
Intelsat 38 (Azerspace 2) 25 de setembro de 2018 Ariane 5 Éxito
Intelsat 39 6 de agosto de 2019 Ariane 5 Éxito
Intelsat 40e 7 de abril de 2023 Falcon 9 Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 Mark Wade (2020). "Intelsat" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-1" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-2" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-3" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-4" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-4A" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-5" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-5A (510, 511, 512, 513, 514, 515) / NSS 513 / Columbia 513" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-6 (601, 602, 603, 604, 605)" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat K / NSS K" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-7 (701, 702, 703, 704, 705, 709) / NSS 703" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-7A (706, 707, 708)" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-8 (801, 802, 803, 804) / NSS 803 → NSS 5" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-8A (805, 806) / NSS 806" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat-9 (901, 902, 903, 904, 905, 906, 907)" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 10-02" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 11" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Europe*Star 1 → PAS 12 → Intelsat 12" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 19,6 19,7 19,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 9 (Telstar 13, Intelsat Americas 13, Galaxy 23)" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 20,7 20,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 14" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 21,5 21,6 21,7 21,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 15 (JCSat 85)" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 22,5 22,6 22,7 22,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 16" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 23,5 23,6 23,7 23,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 17" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 24,6 24,7 24,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 18" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 19" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 20" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 27,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 21" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 22" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  29. 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 23" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 30,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "AMOS 1 → Intelsat 24" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 31,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ProtoStar 1 -> Intelsat 25" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "JCSat 3, 4 (JCSat R) → Intelsat 26" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 33,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 27" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  34. 34,0 34,1 34,2 34,3 34,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "New Dawn → Intelsat 28" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 29e" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 30, 31 / DLA 1, 2" (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  37. 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Sky-Brasil 1 (Intelsat 32e)" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 38,4 38,5 38,6 38,7 38,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 33e" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  39. 39,0 39,1 39,2 39,3 39,4 39,5 39,6 39,7 39,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 34 (Hispasat 55W-2)" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 40,5 40,6 40,7 40,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 35e" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 41,4 41,5 41,6 41,7 41,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 36" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  42. 42,0 42,1 42,2 42,3 42,4 42,5 42,6 42,7 42,8 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 37e" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  43. 43,0 43,1 43,2 43,3 43,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Azerspace 2/Intelsat 38" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 39" (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  45. 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intelsat 40e / TEMPO" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar