Inspektor
Inspektor ou Inspector foi un satélite artificial alemán construído por Daimler-Benz Aerospace e lanzado o 5 de outubro de 1997 a bordo da Progress M36 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]
Inspektor | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | Daimler-Benz Aerospace |
Data de lanzamento | 5 de outubro de 1997, 15:08GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Obxectivo da misión | Servizo e loxística para a estación espacial Mir.[2][6] |
Decaemento | 1 de novembro de 1998[1] |
NSSDC ID | 1997-058D |
Masa | 72 kg[5] |
Características
editarInspektor foi un pequeno prototipo de satélite para inspeccionar e dar servizo á estación espacial Mir e posteriormente a outras estacións espaciais. Inspektor voou a bordo da nave loxística Progress M36 e soltado por esta tras ter cumprido a súa misión e desacoplarse da estación. A súa misión principal consistía en voar arredor da Mir (ata a 100 metros de distancia) e fotografala, pero debido a problemas de control e orientación do satélite foi afastado da mesma. Reentrou na atmosfera o 1 de novembro de 1998.[1][2][5][6][7][8]
Inspektor tiña forma de prisma hexagonal usaba dous propulsores de 40 mN de impulso para moverse e tres xiroscopios para controlar a súa actitude. Levaba unha cámara estelar e unha cámara de vídeo, ademais de tres xiroscopios ópticos, para determinar a súa actitude e posición. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares na súa superficie que alimentaban varias baterías.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INSPEKTOR" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Inspektor" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 23 June 1998 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54616). 30 de xuño de 1998: 3. ST/SG/SER.E/340. Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Inspector" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Inspector 1 (X-Mir-Inspector)" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Inspector" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ "Space robot camera fails after its launch from Mir". The Daily Gazette: D6. 18 de decembro de 1997. Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ "Germans despatch inspector to examine Mir components" (PDF). 22 de outubro de 1997: 33. FLIGHT International. Consultado o 28 de abril de 2013.