Iniciativa Aragonesa

(Redirección desde «Iniziatiba Aragonesa»)
Iniziatiba Aragonesa
Partido político Iniziatiba Aragonesa
Data de fundación 28 de marzo de 1996
Ideoloxía Centrista, nacionalista aragonés
Ámbito Aragón
Sede central c/. Lausana, 17. 2º. B Zaragoza (España)
Presidente Manuel Escolá Hernando
Web do partido www.inar.org

Iniciativa Aragonesa (ou en aragonés Iniziatiba Aragonesa), INAR, é un partido político español de ámbito aragonés. Orixinouse como unha escisión do Partido Aragonés, e está liderado por Manuel Escolá Hernando, que con anterioridade ocupaba escano coma deputado das Cortes de Aragón polo Partido Aragonés e do Parlamento Europeo por Coalición Nacionalista. Tivo unha implantación testemuñal, pois en diversas eleccións quedou bastante lonxe do 1% dos votos. Nas diversas eleccións posteriores ao ano 2003 INAR estivo inactiva politicamente e non presentou ningunha candidatura. Mais o partido oficialmente non se disolveu.

Ideoloxía editar

É un partido nacionalista aragonés. Provocou certa polémica ao lanzar unha campaña contra o Plan Hidrolóxico Nacional de España que co berro de Apadrina un murciano, parodiaban unha ONG que envía botellas de auga aos habitantes de Murcia, España.

Resultados electorais editar

Nas eleccións xerais de España de 2000 e autonómicas de 2003 presentou candidaturas nas tres circunscricións electorais aragonesas, sen obter representación parlamentaria. Foi a sétima opción política máis votada dun total de quince en ámbolos dous comicios.

Eleccións
e data
Votos
provincia
Huesca
%
Dipu-
tados
Votos
provincia
Teruel
%
Dipu-
tados
Votos
provincia
Zaragoza
%
Dipu-
tados
Votos
total
Aragón
%
Dipu-
tados
Xerais de España 2000 135 0,11 - 61 0,07 - 846 0,17 1.042 0,15 -
Autonómicas 2003 207 0,16 - 62 0,07 - 1.434 0,29 - 1.703 0,24 -
Municipais 2003 92 0,07 1 39 0,05 - 1.131 0,23 - 1.262 0,18 1
  • Eleccións municipais do 2003: presentou candidatos en dezaseis municipios aragoneses, dous na provincia de Huesca, seis na de Teruel e oito na provincia de Zaragoza. Na localidade de Jasa conseguiu un concelleiro, sendo este o único representante obtido por INAR até o de agora.
Municipio
Provincia
Votos
%
Concelleiros
Huesca Huesca 53 0,22 0
Jasa Huesca 39 27,66 1
Cañizar del Olivar Teruel 7 11,48 0
Libros Teruel 1 0,67 0
Pitarque Teruel 2 2,70 0
Terriente Teruel 4 2,88 0
Teruel Teruel 21 0,12 0
Torres de Albarracín Teruel 4 2,84 0
Alborge Zaragoza 3 3,30 0
Chodes Zaragoza 1 0,83 0
Monterde Zaragoza 2 0,93 0
Olvés Zaragoza 2 2,00 0
Pomer Zaragoza 2 8,33 0
Puebla de Albortón Zaragoza 10 7,14 0
Samper de Salz Zaragoza 1 0,88 0
Zaragoza Zaragoza 1.110 0,33 0

Véxase tamén editar

Outros artigos editar