Iniciativa Cidadá de Boiro

Iniciativa Cidadá de Boiro (IC Boiro) é un partido político de ámbito municipal de Boiro rexistrado o 13 de febreiro de 2003[1] e dirixido por Manuel Velo Velo que fora alcalde socialista entre 1983 e 1995 e que fora expulsado do PSOE en 2002[2].

Iniciativa Cidadá de Boiro (ICB)
Dirixentes e organización
LíderManuel Velo Velo
Historia
Fundación2003
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia

Nas eleccións municipais de 2003 logrou 1044 votos (9,04%) e un concelleiro, o propio Velo, o cal conformou un tripartito co BNG e o PSdeG e ocupou a segunda tenencia de alcaldía e a concellería de turismo. En setembro de 2006 Velo é expulsado do goberno tras diversas discrepancias[3]. Nas eleccións seguintes, de 2007 pasou a 1175 votos (10,57%) e dous concelleiros, situándose na oposición e sen ser chave de goberno, dado que nacionalista e socialistas sumaron maioría por si sós. No 2011 baixou a 690 votos (6,37%) e un concelleiro. Isto, sumado á maioría absoluta lograda polo PP, supuxo que Velo non tomase posesión da súa acta de concelleiro e fose substituído por Begoña Díaz[4].

Porén, Velo concorreu de novo como cabeza de lista no 2015, subindo a 958 votos (10,04%) e dous concelleiros, sendo a terceira forza política e superando por primeira vez ó PSdeG. No 2019 baixa a 692 votos (6,78%) e un concelleiro, sendo chave de goberno e votando a favor do candidato do PSdeG, xunto co resto de grupos de esquerda, José Ramón Romero García. Porén, este decidiu non establecer ningún pacto e gobernar en minoría, cousa na que Manuel Velo non concordaba, ante o cal, e sumado ó cansazo de tantos anos en política, propiciou a súa dimisión como concelleiro en marzo de 2021, sendo subsituído por José Antonio Castro García.

Notas editar

  1. "Rexistro de partidos políticos". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 31 de maio de 2015. 
  2. ""Velo descarta que la expulsión del PSOE vaya a apartarle de la política", La Voz de Galicia, 17 de agosto de 2002". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2015. 
  3. ""Deira y Velo escenifican la ruptura en el pleno", El Correo Gallego, 16 de setembro de 2006". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2015. 
  4. ""Velo deja la política tras 32 años como edil en Boiro", El Correo Gallego, 28 de maio de 2015". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Web oficial de IC Boiro