Infant school
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A primeira Infant School xurdiu en 1816 grazas á creación por Robert Owen (1771-1858) en New Lanark (Escocia) dunhas escolas anexas ás fábricas da súa propiedade para os fillos dos traballadores, a fronte dos cales, como mestre, estaría James Buchanam que posteriormente, a instancias da autoridad competente e debido a súa fama, abriu outra institución en Londres en 1821, estando a cargo Samuel Wilderspin.
Contidos e obxectivos:
- Implantar un réxime máis humano que facilitase un cambio no carácter e a dignidade dos traballadores da fábrica.
- Facer de New Lanark, unha comunidade ben gobernada, organizada segundo os seus ideais.
- Desexaba levar a cabo un experimento da vida social.
- Crear un sistema de educación para os pobres e as clases traballadoras.
- Crear un Ministerio de educación ocupado por persoal capacitado.
- Crear Escolas de formación de mestres.
- Levar a cabo unha planificación xeral dos métodos de ensino baseada na comparación de diversas prácticas seguidas na época.
- Nomeamento polo Estado de mestres preparados para as escolas.
- Adoptar o procedemento de instrución que mellor permitise ao neno entender os obxectos e caracteres que lle rodeaban.
- Adicar a máxima atención aos fillos pequenos dos traballadores, para evitar a falta de educación, ou a mala educación, dos nenos durante a infancia e a mocidade.
- Crear unha institución escolar, cuxa disposición ou estrutura da mesma sería utilizada polos nenos durante o día e pola noite polos adultos. Para impartir unha educación mixta.
- Por outra banda, debían crearse dúas escolas, unha para os nenos de dous a seis anos e outra para os de seis a doce anos. Había que formar aos nenos de modo que adquirisen coñecementos útiles que substituísen ao actual sistema, defectuoso e aburrido, de aprendizaxe nos libros.
- Introducindo a Xeografía, dentro do programa de estudos, como método de ensino na escola, lograba mostrar a relación entre a contorna e o carácter e dar aos nenos un sentido da localización xeográfica.
- Unha escola para os nenos pobres, na que empregou o método da representación pola imaxe para captar o interese e a imaxinación dos seus alumnos.
- Formación a mestres das escolas infantís.
- Exponse unha educación dos nenos que debían formarse coma se pertencesen todos, literalmente, a unha mesma familia.
- A formación e a educación, insistía Owen, debían estar intimamente conectadas coa oferta de traballo na aldea.
- Crear unha linguaxe que puidese entender cada neno.
- Owen non equiparou a educación coa escolarización, senón que resaltou o papel dos pais neste proceso; a nai desde o nacemento do neno ata os seus primeiros anos, é unha figura clave e ambos proxenitores teñen que tratar aos seus fillos con bondade e dozura.
Este tipo de escolas estenderíase por diversos países (en 1826 en Francia, en 1824 en Bélxica e Suíza, en 1828 en Italia, Hungría e Dinamarca, en 1830 en Alemaña e Países Baixos, en 1831 en Noruega, en 1832 en Suecia e en 1838 en España, entre outros países) seguindo en boa parte o modelo inglés e en especial no relativo aos destinatarios (a clase traballadora) e ao apoio prestado por particulares e asociación filantrópicas especialmente creadas en cada paíes con este fin, e nun momento porterior, polos poderes públicos.