In the Wake of Poseidon

álbum de King Crimson

In the Wake of Poseidon é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo King Crimson, publicado o 15 de maio de 1970 a través dos selos Island Records en Europa, Atlantic Records nos Estados Unidos, Philips Records en Australia, e Vertigo Records en Nova Zelandia. Ata a data é o disco de King Crimsom que máis alto chegou nas listas británicas, acadando o número 4.[1]

In the Wake of Poseidon
Álbum de King Crimson
Publicado15 de maio de 1970
Gravaciónxaneiro - abril de 1970
Estudio(s)Wessex Sound, Londres
Duración41:05
Xénero(s)rock progresivo
Selo(s)Island, Atlantic, Vertigo
Producido porRobert Fripp, Peter Sinfield
Cronoloxía
In the Court of the Crimson King
(1969)
In the Wake of Poseidon Lizard
(1970)

O álbum foi gravado durante un período de inestabilidade dentro da banda debido a unha formación fluctuante. Segue un estilo musical e unha secuencia de cancións moi semellante ao seu primeiro traballo, In the Court of the Crimson King. O disco foi ben recibido pola crítica do seu tempo, que loubou a execución xeral e a calidade de produción como unha mellora con respecto ao seu álbum de estrea. Porén, recensións posteriores criticaron a súa forte dependencia do esquema establecido polo seu predecesor e, en xeral, consideran que o álbum é inferior.

Listaxe de cancións editar

Todos os LPs europeos publicados por Island e Polydor teñen etiquetas erróneas que deixan fóra a "Peace – A Theme" e listan a "The Devil's Triangle" e aos seus tres movementos como catro temas distintos. A meirande parte dos LPs estadounidenses e xaponeses de Atlantic Records teñen a lista de cancións correcta.[2]

Tódolos temas escritos e compostos por Robert Fripp e Peter Sinfield, agás onde se indique. 

Cara A
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Peace – A Beginning"    0:51
2. "Pictures of a City (incluíndo "42nd at Treadmill")"    7:57
3. "Cadence and Cascade"    4:35
4. "In the Wake of Poseidon (incluíndo "Libra's Theme")"    8:24
Cara B
N.º TítuloEscritor(es) Duración
5. "Peace – A Theme" (instrumental)Robert Fripp 1:15
6. "Cat Food"  Fripp, Peter Sinfield, Ian McDonald 4:52
7. "The Devil's Triangle" (instrumental)
I. "Merday Morn"
II. "Hand of Sceiron"
III. "Garden of Worm"  
Fripp, McDonald 11:30
  • 3:47
  • 4:01
  • 3:45
8. "Peace – An End"    1:54

Notas editar

  1. "King Crimson". www.officialcharts.com. Consultado o 2022-12-23. 
  2. "King Crimson - In The Wake Of Poseidon" (en castelán). Consultado o 2022-12-23.