In a Bar, Under the Sea

In a Bar, Under the Sea é un álbum da banda belga de rock alternativo dEUS, editado o 14 de setembro de 1996. A portada foi deseñada polo guitarrista Rudy Trouvé. A edición orixinal belga foi lanzada polo selo Bang!, coa única diferenza que o tema 14 foi chamado sinxelamente "Roses", ao igual que o seu sinxelo.

In a Bar, Under the Sea
Álbum de dEUS
Publicado14 de setembro de 1996
Duración60:26
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Bang!, Island Records
Producido porEric Drew Feldman
Cronoloxía
My Sister = My Clock In a Bar, Under the Sea The Ideal Crash

Foi producido por Eric Drew Feldman (que fora teclista e baixista de Captain Beefheart a finais dos 70 e principios dos 80) e conta con convidados como Scott McCloud de Girls Against Boys (en "Fell Off the Floor, Man"), Dana Colley de Morphine (en "Supermarketsong") e Bart Maris de X-Legged Sally (en "Nine Threads").

In a Bar, Under the Sea foi ouro en Bélxica (vendendo máis de 25.000 copias) e cara ao ano 2008 vendera unhas 250.000 unidades en todo o mundo[1].

Listaxe de cancións editar

  1. "I Don't Mind What Ever Happens" – 0:46
  2. "Fell Off the Floor, Man" – 5:13
  3. "Opening Night" – 1:38
  4. "Theme from Turnpike" – 5:46
  5. "Little Arithmetics" – 4:30
  6. "Gimme the Heat" – 7:38
  7. "Serpentine" – 3:17
  8. "A Shocking Lack Thereof" – 5:52
  9. "Supermarketsong" – 1:56
  10. "Memory of a Festival" – 1:52
  11. "Guilty Pleasures" – 4:23
  12. "Nine Threads" – 3:34
  13. "Disappointed in the Sun" – 6:03
  14. "For the Roses" – 4:57 (tamén chamada "Roses")
  15. "Wake Me Up Before I Sleep" – 2:53

Notas editar