dEUS é unha banda belga de rock formada en 1989 en Antuerpen. Dende a súa fundación os seus únicos membros permanentes son Tom Barman (voz, guitarra) e Klaas Janszoons (teclado, violín). dEUS é considerada unha das bandas de rock belgas máis exitosas e influentes.

dEUS
dEUS no Cafe Du Nord, San Francisco
OrixeAntuerpen, Bélxica
Período1989 - presente
Xénero(s)rock alternativo, indie rock, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)V2, Universal
MembrosTom Barman
Mauro Pawlowski
Stephane Misseghers
Alan Gevaert
Klaas Janzoons
Na rede
http://www.deus.be
Facebook: dEUSmusic Twitter: deusbe MySpace: deusbe Spotify: 3zMir00BoCKhwNTjlT61KN iTunes: 13494122 Musicbrainz: 2d0ec174-2bff-4f46-ae1b-dfea0ed9391c Songkick: 276425 Discogs: 74984 Allmusic: mn0000250416 Deezer: 1706 Genius: Deus Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

A banda, que canta principalmente en inglés, fundouse en Antuerpen en 1989 como unha banda de versións, e non tivo forma definitiva ata despois do Humo's Rock Rally (un concurso belga de bandas de rock) de 1992. Na xira que seguiu a través de España dEUS definiu o seu son e despois da edición do EP Zea o selo Island Records ofreceulle un contrato á banda, sendo o primeiro grupo indie belga en asinar un contrato cun grande selo internacional.

O seu álbum de estrea Worst Case Scenario, ten influencias de Frank Zappa, Tom Waits e Captain Beefheart e foi editado o 16 de setembro de 1994, cunha boa acollida por parte da crítica. O seu segundo traballo, In a Bar, Under the Sea, apareceu dous anos despois e tamén foi eloxiado pola crítica pola súa diversidade e agradable caos. The Ideal Crash, lanzado en 1999, tratábase dun disco máis accesible. Entre os tres álbums a banda vendeu uns 750.000 discos en todo o mundo.

Despois da xira de promoción de The Ideal Crash a banda tomouse un extenso descanso que lle permitiu aos seus membros adicarse a outros proxectos. Barman dirixiu unha película chamada Any Way the Wind Blows no ano 2003 e formou Magnus co produtor de tecno CJ Bolland no 2004.

A mediados do 2004 comezaron a gravar novo material e a realizar concertos por Europa. En agosto lanzaron o sinxelo "If You Don't Get What You Want", só dispoñible a través de descarga dixital.

O 12 de setembro do 2005 setembro editaron o seu novo traballo, Pocket Revolution. Na súa promoción realizaron unha extensa xira cuns 130 concertos. Despois de rematar a xira dEUS comezou a ensaiar para preparar o seu seguinte traballo. No 2007 a banda construíu o seu propio estudio para continuar traballando no seu novo álbum. Gravado coa mesma formación de Pocket Revolution, Vantage Point foi editado o 21 de abril do 2008.

 
dEUS no Vigo Tr4nsforma 2011.

Vantage Point conseguiu o platino en Bélxica un mes despois do seu lanzamento, pero non tivo tanto éxito en Europa. Despois da aparición do álbum o grupo comezou unha xira de promoción do mesmo, que rematou con dous concertos no Forest National de Bruxelas.

A banda está traballando na actualidade nun novo disco que sairá á luz durante o ano 2010 segundo declaracións de Tom Barman.

dEUS amosa unha gran variedade de influencias, incluíndo a Captain Beefheart, Frank Zappa, Big Star, Sonic Youth, Leonard Cohen e The Velvet Underground.

Co tempo dEUS foi incorporando unha ampla variedade de estilos como pop, folk, free jazz, neo-prog, punk e heavy metal aos seus traballos. Eles convertéronse nunha das máis importantes e influentes bandas belgas de rock.

Membros editar

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Worst Case Scenario 1994 Bang!
In a Bar, Under the Sea 1996 Bang!
The Ideal Crash 1999 Island Records
Pocket Revolution 2005 Universal, V2
Vantage Point 2008 V2/Cooperative Music
Keep You Close 2011 Universal Music Belgium
Following Sea 2012 Play It Again Sam

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar