Imre Alfréd Erőss

Imre Alfréd Erőss, nado o 7 de xullo de 1909 en Prisian (Austria-Hungría, hoxe Romanía) e finado o 31 de xullo de 1950 en Cluj (Romanía),[1] foi un eclesiástico húngaro católico latino, bispo auxiliar de Alba Iulia entre 1949 e 1950.

Infotaula de personaImre Alfréd Erőss

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1909 Editar o valor em Wikidata
Prisian, Romanía (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Cluj-Napoca, Romanía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTurda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRomanía
Hungría Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Alba Iulia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1949–), sacerdote católico (1935–), poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónGerald O'Hara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De ascendencia maxiar, estudou no Liceo Piarista de Timișoara e quería ser xesuíta, mais o seu pai se llo prohibiu.[1][2] Comezou estudos en Târgu Secuiesc e posteriormente comezou os estudos de Teoloxía en 1929 en Alba Iulia para continualos na Pontificia Universidade Gregoriana.[1][2] Foi ordenado sacerdote o 27 de outubro de 1935 e inicialmente foi capelán dos hospitais de Cluj, entre 1938 e 1941 prefecto do seminario de Alba Iulia, e até 1944 profesor de Dogmática en Cluj.[1][2] A partir dese ano traballou nos campos de refuxiados de Zirc,[1] e a comezos de 1949 volveu a Romanía, onde decidiu permanecer malia a chegada do réxime socialista.[1][2]

O 2 de febreiro de 1949 Eröss foi consagrado bispo en segredo na capela da nunciatura en Bucarest por Gerald Patrick O'Hara,[2] e tivo como co-consagrantes ao bispo de Alba Iulia Áron Márton e ao bispo auxiliar de Lugoj Ioan Ploscaru.[3][4]

O 31 de xullo de 1950 finou no hospital en Cluj e foi enterrado no cemiterio de Turda.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Erőss Alfréd". Magyar Katolikus Lexikon (en húngaro). Consultado o 8/11/2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Padurean, Claudiu (10 de decembro de 2014). "Alfred Eross și Gyozo Macalik, apostolii iubirii". România Liberă. 
  3. "Imre Alfréd Erőss". Le Petit Episcopologe (113). 
  4. "Imre Alfréd Erőss". Revue des Ordinations Épiscopales 1949 (6).