Imperivm é unha saga de 9 xogos baseados en feitos reais, desenvoltos pola empresa Haemimont Games e distribuídos por FX Interactive en España e Italia.

Os xogos que constitúen a saga son, por orde de introdución no mercado:

Saga RTC (Real Time Conquest)

editar

Nesta saga enfocada á conquista militar, hai que protexer a túa cidade e conquistar a do teu adversario.

Celtic Kings: Rage of War

editar

Neste primeiro xogo, contamos coas civilizacións gala e romana. Tamén hai varias aventuras, como a de Imperivm-Adventure, na que gobernas ó heroe Lárax a través de diferentes escenarios. En España foi editado como Imperivm: La Guerra de las Galias.

Celtic Kings: The Punic Wars

editar

Neste xogo, contamos coas civilización gala, romana, ibera e cartaxinesa. As aventuras que se atopan neste xogo enfocan as conquistas de Roma e Cartago no Mediterráneo e a toma de Numancia por parte dos romanos. En España foi editado como Imperium II- La conquista de Hispania.

Imperivm: Great Battles of Rome

editar

Neste xogo contamos coas civilizacións gala, romana, ibera, cartaxinesa, exipcia, xermana e bretoa. Este Imperivm diferénciase dos outros dous en que xa non hai aventuras, senón Grandes Batallas, nas que controlas a xenerais lendarios (como Xulio César ou Boadicea).

Saga CIVITAS

editar

Nesta saga, hai que construír, gobernar, protexer a túa cidade e satisfacer as necesidades dos cidadáns.

Imperivm Civitas

editar

Neste primeiro xogo da saga CIVITAS, contamos con cidades como Roma e Venecia, tamén hai unha serie de desafíos nos que segundo os puntos que gañes, irás aumentando na clasificación.

Imperivm Civitas II

editar

Neste xogo, contamos con outras cidades como Alexandría, outros edificios e diferentes desafíos.

Imperivm Citias III

editar

Neste último CIVITAS, comparando cos outros dous xogos, tódolos edificios e escenarios son diferentes e tamén o xeito de xogar.

Imperivm ONLINE

editar

Este xogo é igual ó CIVITAS, a diferenza de que se xoga en liña.

Imperivm Anthology

editar

Este xogo contén o Imperivm I, II, III e Civitas I coas súas últimas versións.