Imperiet foi unha banda de post-punk sueca procedente de Estocolmo activa entre os anos 1983 e 1988.[1] O grupo formouse co nome de Rymdimperiet en 1981.[2][3] Imperiet converteuse nunha das maiores bandas suecas dos 80 e fíxose coñecida por cancións como "Du ska va president", "C.C. Cowboys" e "Var e vargen", aínda que tamén por versións como "Märk hur vår skugga", "Fred" e "Balladen om briggen Blue Bird av Hull".

Imperiet
OrixeEstocolmo, Suecia Suecia
Período1983 - 1988
Xénero(s)post-punk, new wave, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Mistlur Records
MembrosChristian Falk
Joakim Thåström
Per Hägglund
Gunnar Ljungstedt
Stry Terrarie
Fred Asp
Na rede
Musicbrainz: 695e75b5-c6db-43ee-abeb-2f3e50d96c3e Songkick: 14458 Discogs: 287409 Allmusic: mn0000452300 Genius: Imperiet Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Imperiet naceu co nome de Rymdimperiet como un proxecto paralelo de tres dos membros da banda de punk rock Ebba Grön. Cando Ebba Grön se separou en 1983 Rymdimperiet reemerxeu como Imperiet, con Joakim Thåström (voz principal e guitarra), Anders "Stry" Sjöholm (voz e guitarra) e Gunnar "Gurra" Ljungstedt (batería), todos membros de Ebba Grön.[2][1] Uníronselle Christian Falk (baixo) e Per Hägglund (saxofón e teclados). Stry marchou en 1984 e Gurra o ano seguinte. Gurra foi substituído por Fred Asp na batería. En 1987 Per Hägglund tamén marcchou en Imperiet separouse en 1988.

O son da banda estaba inspirado no punk, no rock e no synthpop. As súas letras eran de esquerdas e antiimperialistas; cancións como "C. C. Cowboys", "Alltid rött, alltid rätt" e "Var e vargen?" inspiráronse no poeta comunista ruso Vladimir Maiakovski.

Principalmente exitoso en Suecia e Escandinavia, Imperiet tamén xirou por América, tocando nos Estados Unidos, Cuba, América Central e América do Sur. En 1988 a banda publicou o seu ínico álbum en inglés, Imperiet. O disco contén versións traducidas das súas vellas cancións. O álbum tivo unha intensa xira de promoción europea pero só foi popular en Suecia. Este feito puxo fin aos seus plans para unha carreira internacional.

O seu nome orixinal Rymdimperiet (O Imperio do Espazo) foi collido da película de Star Wars O imperio contraataca (1980), sendo o seu título en sueco Rymdimperiet slår tillbaka.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Rasera 1983 Mistlur Records
Blå himlen blues 1985 Mistlur Records
Synd 1986 Mistlur Records
Imperiet 1988 Mistlur Records
Tiggarens tal 1988 Mistlur Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Imperiet | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-09. 
  2. 2,0 2,1 "Imperiet - levande i Hultsfred". www.stry.kajen.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2019-11-09. 
  3. Holmgren, Tobias. "Thåströms många ansikten". gp.se (en sueco). Consultado o 2019-11-09.