Imia (Ίμια) en grego, ou Kardak en Turco é un conxunto de dúas pequenas illas despoboadas no mar Exeo, situadas entre a cadea das illas gregas do Dodecaneso e a parte continental da costa suroeste de Turquía. Atópanse a 7 km. o oeste da costa da Provincia de Muğla, e a 10´2 km. ao leste da illa grega Kalymnos, e a 4´6 km. ao sueste do pequeno illote grego de Kalólimnos.

Imia/Kardak
Ίμια
Vista satélite
Localización da illa
Situación
PaísDisputada por Grecia e Turquía
MarMar Exeo
Coordenadas37°03′03″N 27°09′04″L / 37.05083, -27.15111Coordenadas: 37°03′03″N 27°09′04″L / 37.05083, -27.15111
Xeografía
XeoloxíaArquipélago (2 illas)
Superficie0´49 km²
Longura máxima220 m.
Largura máxima140 m.
Distancia a terra7 km.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A súa superficie total é de 0´40 km². As illas son tamén coñecidas como Limnia en grego, ou İkizce en turco, ou como Heipethes nalgúns dos primeiros mapas do século XX. Imia / Kardak foi obxecto dunha crise militar e a posterior controversia sobre a soberanía entre Grecia e Turquía en 1996.

A disputa de Imia/Kardak é parte das grandes disputas do Exeo, que comprende tamén as disputas sobre a plataforma continental, as augas territoriais, o espazo aéreo, e a desmilitarización das illas do mar Exeo. Por mor da crise Imia/Kardak, a controversia foi ampliada, xa que Turquía comezou a reivindicar un maior número de illotes do mar Exeo. Estas illas, algunhas delas habitadas, son consideradas como indiscutiblemente gregas por parte de Grecia, pero como zonas grises de soberanía indeterminada por Turquía.

Referencias editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar