Imaxin Software é unha empresa galega coñecida coñecida pola creación do tradutor Gaio da Xunta de Galicia, do tradutor automático Opentrad, e do corrector ortográfico 2.Mil3 para Microsoft Word.[1][2][3] Fundada en 1997 por cinco estudantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (Luz Castro Pena, Diego Vázquez Rey, Antonio Fernández Cabezas, e José Ramom Pichel Campos), a maior parte do traballo da empresa está vinculado coa lingua e coa cultura galegas.[4]

Imaxin Software
TipoPública
FundaciónSantiago de Compostela (1997)
LocalizaciónSantiago de Compostela Galicia
Persoas claveLuz Castro Pena, Diego Vázquez Rey, Antonio Fernández Cabezas, José Ramom Pichel Campos.
IndustriaInformática
ProdutosTradutores Gaio e OpenTrad
Na rede
http://www.imaxin.com/
editar datos en Wikidata ]

O tradutor Gaio facilítalle ao persoal da administración a tradución de grandes volumes de documentación técnica e administrativa, así como a tradución inmediata de páxinas web, actas, informes e outra documentación, correos e documentos completos. Tamén contempla terminoloxía específica administrativa e nomenclatura propia das entidades, como nomes de consellerías, concellos, altos cargos, órganos de goberno ou integrantes das corporacións locais, e permite a tradución de documentos completos nos formatos txt, html, doc, docx, pptx, xlsx, odt, ods, odp e pdf. O Gaio posibilita a tradución directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "A Xunta pon á disposición dos profesionais da administración pública de Galicia o novo tradutor automático ‘Gaio’ | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2018-02-21. 
  2. "O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega do ‘Premio Manuel Beiras’ ao recoñecemento do uso do galego no sector empresarial | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2018-02-21. 
  3. Loinaz, Iñaki Alegría; Arantzabal, Iñaki; Forcada, Mikel L.; Guinovart, Xavier Gómez; Padró, Lluis; PichelCampos, José Ramom; Waliño, Josu (2006). "OpenTrad: Traducción automática de código abierto para las lenguas del Estado español". Procesamiento del Lenguaje Natural (en castelán) 37 (0). ISSN 1989-7553. 
  4. Ramom, Pichel Campos, José; Diego, Vázquez Rey,; Luz, Castro Pena,; Antonio, Fernández Cabezas, (2014-09). "imaxin|software: PLN aplicada a la mejora de la comunicación multilingüe de empresas e instituciones" (en castelán). ISSN 1135-5948. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar