Ilyushin Il-2

O Ilyushin Il-2 (cirílico: Илью́шин Ил-2) Shturmovik (cirílico: Штурмови́к, Shturmovík) foi un avión de ataque ao chan producido pola Unión Soviética en grandes números durante a segunda guerra mundial. O Il-2 nunca recibiu un nome oficial e 'shturmovik' é a palabra xenérica rusa para referirse a un avión de ataque ao chan. A palabra tamén aparece en fontes occidentais como Stormovik[1] e Sturmovik.[2]

Ilyushin Il-2
Il2 sturmovik.jpg
Tipoavión de ataque ao chan
FabricanteIlyushin
Primeiro voo2 de outubro de 1939
Introducido1941
Retirado1954
Principais usuariosForza Aérea Soviética
Forza Aérea de Bulgaria
Forza Aérea de Checoslovaquia
Forza Aérea de Hungría
Forza Aérea de Mongolia
Forza Aérea do Exército de Polonia
Forza Aérea de Iugoslavia
Produción1941 - 1945
Unidades construídas36 183

Durante a guerra fabricáronse 36 183 unidades do Il-2, e xunto co seu sucesor, o Ilyushin Il-10, construíronse un total de 42 330 aparellos,[3] converténdose no avión militar máis producido da historia, ademais dun dos avións máis fabricados xunto co avión civil estadounidense Cessna 172 e o biplano multipropósito soviético Polikarpov Po-2 Kukuruznik.

Entre os pilotos do Il-2, o avión era coñecido polo diminutivo "Ilyusha". Para os soldados de terra era o "Chepudo", o "Carro de combate voante" ou o "Infante voador". A súa designación OTAN de posguerra foi "Bark".[4] O Il-2 xogou un papel crucial na Fronte Leste. Cando as factorías se atrasaban nas súas entregas, Iosif Stalin dicíalles aos xerentes que o Il-2 eran "tan esencial para o Exército Vermello como o aire e o pan".[5]

NotasEditar

  1. Stapfer, 1995
  2. Rastrenin, 2008
  3. Jane's 1989, p. 529
  4. Gunston 1995, p. 106
  5. Hardesty 1982, p. 170

BibliografíaEditar

  • Rastrenin, Oleg. IL-2 Sturmovik Guards Units of World War 2 (Osprey Combat Aircraft, no 71). Oxford, UK: Osprey Publishing, 2008. ISBN 978-1-84603-296-7.
  • Stapfer, Hans-Heiri. Il-2 Stormovik in Action (Aircraft number 155). Carrollton, TX: Squadron/Signal Publications, Inc., 1995. ISBN 0-89747-341-8.