Mwepu Ilunga
futbolista congolés
(Redirección desde «Ilunga Mwepu»)
Joseph Mwepu Ilunga, ás veces mencionado Alunga Mwepu, nado o 22 de agosto, 1949, e finado o 8 de maio de 2015, foi un futbolista da República Democrática do Congo.
Ilunga Mwepu | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Joseph Mwepu Ilunga | ||
Nacemento | 22 de agosto de 1949 | ||
Lugar de nacemento | Congo Belga | ||
Falecemento | 8 de maio de 2015 | ||
Lugar de falecemento | Kinshasa | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1969-80 | Tout Puissant Mazembe | ||
Selección nacional | |||
1973-74 | Zaire | 10 | |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Xogaba de defensa con Zaire na fase final do Mundial de Fútbol Alemaña 1974, onde se fixo famoso por correr dende a súa posición defensiva e chutar a pelota nunha falta, antes de que se puxese en xogo, diante da selección do Brasil.[1] Foi, en consecuencia, castigado, malia a súa sorpresa ó non saber que fixera mal. Zaire perdeu o partido por 0-3.[2] O equipo tamén perdeu contra Escocia, 0-2, e contra Iugoslavia, 0-9.[3]
Morte
editarIlunga morreu en maio de 2015 despois dunha longa enfermidade[4] no Hospital de Saint-Joseph en Kinshasa.[5]
Notas
editar- ↑ Top 50 football moments Consultado o 10 de xuño de 2006)
- ↑ Official FIFA match report Arquivado 10 de novembro de 2006 en Wayback Machine. Consultado o 16 de xuño de 2006)
- ↑ «MWEPU ILUNGA, AUTOR DEL DESPEJE MÁS FAMOSO DE LA HISTORIA» Ángel Iturriaga Barco
- ↑ The Guardian (ed.). "Former Zaire defender Mwepu Ilunga dies aged 66 after long illness". Consultado o 9 de maio de 2015.
- ↑ Foot: l’ancien Léopard Joseph Ilunga Mwepu décédé à l’âge de 66 ans - Radio Okapi (en francés)