Ilona Elek
Ilona Elek, tamén coñecida como Ilona Schacherer ou Ilona Elek-Schacherer (en húngaro, Elek Ilona), nada en Budapest o 17 de maio de 1907 e finada na mesma cidade o 24 de xullo de 1988, foi unha tiradora de esgrima húngara, gañadora de tres medallas olímpicas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1907 Budapest, Hungría |
Morte | 24 de xullo de 1988 (81 anos) Budapest, Hungría |
Lugar de sepultura | Cemitério de Farkasréti (pt) , 60/8-1-591 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Hungría |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1952 | fencing at the 1952 Summer Olympics – women's foil (en) (medalla de prata olímpica) |
1948 | fencing at the 1948 Summer Olympics – women's foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1936 | fencing at the 1936 Summer Olympics – women's foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
Familia | |
Irmáns | Margit Elek (en) |
Premios
| |
Traxectoria
editarEstudou piano na Academia Franz Liszt pero deixou os seus estudos para competir profesionalmente na esgrima. En 1929 foi segunda no Campionato de Hungría e quinta no Europeo. En 1933 repetiu a segunda praza nos campionatos nacionais e nos europeos foi quinta pero logrou o primeiro lugar co equipo húngaro. En 1934 e 1935 nos europeos gañou tanto en individual como por equipos. Participou con 29 anos nos Xogos Olímpicos de 1936 celebrados en Berlín gañando a medalla de ouro na proba individual de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1948 de Londres revalidou o seu título olímpico, converténdose na primeira tiradora en conseguir dous títulos olímpicos. Nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui, e con 45 anos, logrou a medalla de prata na mesma proba.
Ao longo da súa carreira gañou dezasete medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas dez de ouro.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ilona Elek |
Ligazóns externas
editar- Ilona Elek en olympic.org (en inglés)
- Ilona Elek en sports-reference.com (en inglés)