Un motu é un illote coralino da coroa dun atol ou do arrecife de coral dunha illa volcánica.

Motu á coroa do atol Tikehau, nas Tuamotu.
Motu do arrecife coralino de Bora Bora, nas illas da Sociedade.

A palabra é de orixe tahitiano, aínda que se atopa na maioría de linguas polinesias (moku en hawaiano). A primeira acepción é 'rachado' ou 'cortado'. En sentido figurado e máis corrente é 'illote', 'atol' ou 'illa' en xeral. Dicionario tahitiano-francés, da Academia Tahitiana .

A escola xeográfica francesa adoptou a palabra como termo científico específico para os bancos de orixe detrítico que se atopan nas coroas de arrecifes dos atolis ou nas barreiras de coral das illas altas.

Notas editar

Véxase tamén editar