Nassau, Illas Cook
Nassau, Illas Cook | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Illas Cook |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (2006) | 71 hab. |
Superficie | 0.5 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 11°13′S 165°25′O / -11.217, -165.417 |
Maior Altura | 9 m. |
Localización | |
Nassau é unha das Illas Cook setentrionais. Está situada a 89 km ao sueste de Pukapuka, de quen depende administrativamente. As súas coordenadas son: 11º 13' S 165º 25' O.
A illa ten unha forma ovalada e é a única do grupo norte das Cook que non ten unha lagoa interior. A superficie total é de 1,3 km². Ten grandes plantacións de cocos e de taro que exportan a Pukapuka. A poboación total era de 72 habitantes no censo do 2001. Non dispón de aeroporto.
O nome tradicional era Te Motu-ngaongao que significa 'a illa deserta'. Foi descuberta en 1834 polo capitán norteamericano Elihu Coffin, no baleeiro Mary Mitchell. O ano seguinte foi visitada polo baleeiro estadounidense Nassau, e despois polo Newport. Coñeceuse tamén cos nomes de Mitchell Island e Newport Island.
A illa foi explotada, ata o 1945, por unha compañía europea que plantou cocos. O goberno das Cook adquiriu a illa e en 1951, foi adquirida polos habitantes de Pukapuka.