Oileáin Árann

(Redirección desde «Illas Árann»)

As Oileáin Árann[1] (en galego illas Árann) son un grupo de tres illas situadas na baía de Galway, na costa oeste da illa de Irlanda. A maior delas é Inis Mór (ou Inishmore, literalmente "illa principal"), a seguinte en tamaño é Inis Meáin (ou Inishmaan, literalmente "illa do medio") e a máis pequena, que é a que se atopa máis ao leste, é Inis Oírr (ou Inisheer, literalmente "illa do leste") [2]. O nome das illas significa "illas da crista" en referencia aos seus escarpados cantís que dan ao océano Atlántico [3].

Situación das Oileáin Árann.
Acantilado de Dun Aengus.
Vivendas en Inis Mór.

Notas editar