Illa de l'Aire

A illa de l'Aire é un illote situado fronte á costa sueste de Menorca (Illas Baleares), máis concretamente fronte a Punta Prima en Sant Lluís. A súa superficie total é de 34 hectáreas e o seu perímetro alcanza os 3.300 m. A súa altura máxima é de 15 m sobre o nivel do mar e destaca a instalación dun faro no illote. Neste illote atópase unha lagarta endémica da subespecie Podarcis lilfordi lilfordi (GÜNTHER, 1874), máis coñecida en Menorca como sargantana negra, que ao afastala do seu hábitat muda a súa coloración escura pola típica verdosa das lagartas correntes.

Illa do Aire, Menorca

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.