Illa de Rügen
Rügen (lat. Rugia) é a maior das illas alemás. Está situada ao longo da costa de Mecklemburg-Pomerania occidental no mar Báltico. Ocupa unha superficie de 935 km², pero o seu perímetro litoral é de 574 km. A súa poboación era de 73.000 habitantes en 2001. Xunto coas illas veciñas, e menores, de Hiddensee e Ummanz, conforman o distrito Rügen.
(de) Rügen | ||||
Tipo | arquipélago illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vorpommern-Rügen, Alemaña (pt) | |||
Localización | Mar Báltico | |||
| ||||
Bañado por | Arkona Basin (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 161,1 m | |||
Dimensións | 41 () × 52 () km | |||
Perímetro | 580 km | |||
Punto máis alto | Piekberg (en) (161,1 m ) | |||
Superficie | 926 km² | |||
Sitio web | ruegen.de | |||
Núcleos urbanos
editarAs aglomeracións principais son Bergen auf Rügen con 20.000 habitantes e a vila portuaria de Sassnitz, con 11.000 habitantes. No sueste da illa, ubícanse as dúas estacións balnearias máis coñecidas: Sellin e Göhren. A illa está unida por unha ponte á cidade de Stralsund, no continente.
-
Nationalpark Jasmund
Breve historia
editarCon diversos cambios de dominio durante a Idade Media, Rügen pasou a formar parte da Pomerania sueca desde 1648. En 1815 o Congreso de Viena outorgouna a Prusia. Xa en 1816 foi construído a primeira estación belnearia (Putbus), convértendose a illa no lugar ideal de vacacións dos alemáns até a segunda guerra mundial. En 1936, durante a ditadura nazi, foi construída a ponte que a uniu a Stralsund. Durante a época da República Democrática alemá, aínda que Rügen foi coidada, dada a maior capacidade económica dos alemáns occidentais fixo que illas alemás da R.F.A. pasasen a ter maior número de visitantes. Desde a unificación alemá, Rügen volveu ser o lugar preferido de vacacións dos alemáns.
No comezo do ano 2018, un tesouro cunha antigüidade estimada de máis de mil anos pertencente ao rei viquingo Harald Blåtand foi atopado na illa polos arqueólogos voluntarios Luca Malaschnichenko (de 13 anos) e René Schön.[1][2]
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 18 de abril de 2018.
- ↑ http://www.nationalgeographic.com.es/historia/actualidad/descubren-importantes-tesoros-vikingos-isla-alemania_12595/5
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Rügen |