Illa de Mazarrón

A Illa de Mazarrón, tamén coñecida simplemente como La Isla ou La Islica é unha illa española situada fronte ao porto de Mazarrón (Murcia), de forma arredondada e relevo abrupto (8 hectáreas de superficie). Nela habita unha importante colonia de aves mariñas, especialmente gaivotas e garzas medianas [1]; con todo, un promotor local pretendía a súa completa urbanización para fins turísticos, proxecto que non chegou a levar a cabo (a única construción existente segue sendo un vello caserón na banda norte da illa). Foi declarada Espazo Natural Protexido. Nas súas inmediacións atopouse un barco fenicio afundido con todo o seu cargamento.

Notas editar