Illa da Marma

illa do concello do Grove

Coordenadas: 42°27′57″N 8°51′00″O / 42.465972222222, -8.8499972222222


A Illa de Marma é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó leste da península do Grove.

Illa da Marma
Illa da Marma en Pontevedra
Illa da Marma
Illa da Marma
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGalicia Galicia
ConcelloO Grove
Provincia Pontevedra
MarOcéano Atlántico
Xeografía
Superficie0´10 km²
Distancia a terram.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Ten 10 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É baixa e completamente chaira, cunha praia na súa parte norte. A súa superficie está cuberta de marismas e herbazal.

É un importante pousadoiro de aves mariñas e forma parte da zona protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove.