Simeulue é unha illa de Indonesia, a 150 km da costa oeste de Sumatra. A súa capital é Sinabang.

Simeulue
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
País Indonesia
ProvinciaAceh
ArquipélagoIllas maiores da Sonda
MarOcéano Índico
Coordenadas2°35′N 96°05′L / 2.583, -96.083Coordenadas: 2°35′N 96°05′L / 2.583, -96.083
Xeografía
XeoloxíaPrisma de acreción
Superficie2.310 km²
Longura máxima100 km.
Largura máxima30 km.
Punto máis alto567 m.
Demografía
CapitalSinabang
Poboación82.100 (censo 2007)
Densidade35´5 hab./km²
Lavado da medula da palma de sagú (Metroxylon sagu); Simeulue

Simeulue foi unha vez unha parte da rexencia do oeste de Aceh pero separouse en 1999 e converteuse nunha Rexencia separada de Simeulue.

Demografía editar

Desde o punto de vista étnico os habitantes de Simeulue son similares á xente da veciña illa Nias. Dúas linguas e unha serie de dialectos fálanse na illa: Devayan e Sigulai, que son diferentes das linguas faladas no norte de Sumatra. A maioría da poboación da illa é musulmá.

Terremoto no océano Índico de 2004 editar

Simeulue estivo preto do epicentro do terremoto do 9 de decembro de 2004.

O 28 de marzo de 2005, un terremoto de magnitude 8´7 impactou co seu epicentro xusto á beira do extremo sur da illa.[1] Durante o terremoto, Simeulue levantouse polo menos 1´8 metros na costa occidental. Isto deixou a parte superior plana dos seus arrecifes de coral por encima da marea alta. Na costa leste, a terra mergullouse, coa auga de mar inundando campos e asentamentos.[2]

Sabedoría local editar

Aínda que a illa de Simeulue estaba a só 60 quilómetros do epicentro, mentres que Banda Aceh estaba a uns 250 quilómetros, só morreron seis residentes mentres que os 70.000 restantes quedaron a salvo, debido á sabedoría local chamada smong, esta dicta que logo dun terremoto, se a marea retrocede repentinamente, a xente debe evacuar a un terreo máis alto tan axiña que como sexa posible.[3]

Notas editar

  1. "Gibbons, Helen (April 2005) "Second Tsunami Causes Damage in Indonesia—USGS Scientists Post Observations on the World Wide Web" United States Geological Survey". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2017. 
  2. Saved by tsunami folklore, BBC News From Our Correspondent, 10 de marzo de 2007
  3. "Pulau Simeulue". 13 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar