A illa Scrub (en español antigamente Isla Anguilita[1]) é a segunda illa en tamaño do arquipélago de Anguila, no mar Caribe, localizado concretamente ao noroeste da illa de Anguila, un territorio británico de ultramar no Caribe. Posúe unha superficie de 7.8 km² e atópase deshabitada.

Illa Scrub
vista da illa
Situación
País Anguila, Reino Unido Reino Unido
Territorio Británico de UltramarAnguila
MarMar Caribe
Coordenadas18°17′15″N 62°56′50″O / 18.28750, -62.94722Coordenadas: 18°17′15″N 62°56′50″O / 18.28750, -62.94722
Xeografía
Superficie3´48 km²
Longura máxima4´2 km
Largura máxima1´2 km
Punto máis alto24
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Pódese chegar facilmente en barco. De propiedade privada, aínda existen os restos dun campo de aviación. Hai varias casas abandonadas na illa, principalmente debido aos danos causados polos furacáns. Non hai electricidade nin auga corrente.

Fauna editar

A illa foi declarada como área importante para a conservación das aves pola BirdLife International, principalmente debido á aniñación de aves mariñas. Como a gaivota chorona americana, o carrán real, o carrán rosado e o carranciño. Os paxaros terrestres residentes inclúen a Eleania martinica e o Margarops fuscatus. As cinco especies de réptiles da illa comprenden os Ameiva plei, Anolis gingivinus, Sphaerodactylus parvus, Sphaerodactylus sputator e a especie ameazada Alsophis rijgersmaei. E a serpe en perigo de extinción alsophis rijgersmaei. Foron rexistradas tartarugas verdes e de coiro. Tamén atópanse cabras e ratas.[2] Habitualmente avístanse baleas ao oeste de Scrub, ao longo da liña costeira sur.

 
Praia na illa Scrub

Notas editar

  1. Gonzalo de Murga y Mugartegui. 1863. Derrotero de las Islas Antillas y de las costas orientales de América.
  2. "Scrub Island". BirdLife data zone: Important Bird Areas. BirdLife International. 2012. Consultado o 2012-11-23. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.