Illa Santa Cruz, Galápagos
Illa Santa Cruz é unha das Illas Galápagos cunha superficie de 986 km² e unha altitude máxima de 864 m.[1][2][3][4] Situado no centro do arquipélago, Santa Cruz é a segunda illa máis grande logo da illa Isabela. A súa capital é Porto Ayora, o centro urbano máis poboado das illas. En Santa Cruz hai algunhas pequenas vilas, cuxos habitantes traballan na agricultura e a gandaría. Esta illa é un gran volcán inactivo. Estímase que as últimas erupcións ocorreron ao redor dun millón e medio de anos atrás. Hai un túnel de lava xigantesca que ten máis de 2000 metros de longo na illa que moitos turistas visitan e atravesan camiñando. Como testemuño da súa historia volcánica hai dous grandes buracos formados polo colapso dunha cámara de magma: Los Gemelos.[5][6] Bautizada como Santa Cruz, o seu nome inglés (infatigable) foille dado despois de que a visitara o barco británico HMS Indefatigable.[1] Santa Cruz alberga a maior poboación humana do arquipélago na cidade de Porto Ayora, cun total de 12.000 habitantes na illa.[1]
Illa Santa Cruz | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Illas Galápagos |
Arquipélago | Illas Galápagos |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 0°38′37″S 90°21′29″O / -0.64361, -90.35806Coordenadas: 0°38′37″S 90°21′29″O / -0.64361, -90.35806 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 986 km² |
Longura máxima | 43 km. |
Largura máxima | 31 km. |
Punto máis alto | 864 m. Cerro Crocker |
Distancia a terra | 1.000 km. |
Demografía | |
Capital | Puerto Ayora |
Poboación | 15.000 hab |
Densidade | 15 hab./km² |
Baía Tortuga atópase na illa de Santa Cruz, a un curto paseo do centro de Porto Ayora onde se poden ver iguanas mariñas, aves, cangrexos das Galápagos e un mangleiral natural onde poden verse tiburóns e galápagos.[7]
HistoriaEditar
A formación da illa Santa Cruz ocorreu fai aproximadamente 1 millón e medio de anos. Para dar testemuño disto podemos atopar na parte alta da illa dous grandes colápsos formados por unha cámara de lava denominados Los Gemelos.[8]
O arquipélago foi descuberto por Frei Tomás de Berlanga en 1535, e nos seguintes séculos piratas, bucaneiros e baleeiros usaron as illas para aprovisionarse e reparar os seus botes. Desde 1832 forma parte do Ecuador.
Santa Cruz foi colonizada a finais de 1920 por un grupo de noruegueses, o seu soño de enlatar peixe non foi consumado e algúns deles establecéronse na parte alta e cambiaron a súa actividade pesqueira pola agricultura para vivir.
Prehistoria: Atopáronse restos arqueolóxicos que demostran que os primeiros visitantes procedentes da costa do Ecuador chegaron en "Balsas ou en artefactos flotantes con técnica de vela creados por eles mesmos e iso permitiulles viaxar moi lonxe dentro do mar. Ao parecer non se atoparon rastros de asentamentos permanentes na illa. Logo de moito tempo en 1535, Frei Tomás de Berlanga o bispo de Panamá descubriu as illas Galápagos e xunto con elas á illa Santa Cruz debido a que na viaxe que estaban realizando desde Panamá ata Perú extraviáronse e atoparon cinco illas, entre elas á illa Isabela. Chamaron ás illas "Galápagos" porque a coiraza da tartaruga que vivía alí parecíase moito a unha cadeira de montar española que se chamaba "galápago". A escaseza de auga e a abundancia de rochas deron unha mala primeira impresión.
PoboaciónEditar
A Poboación da Illa Santa Cruz ascende a 15 mil habitantes aproximadamente.[9]
A cabeciera da Illa Santa Cruz é Puerto Ayora e consta tamén de parroquias que agrupan á poboación como: Bellavista, Santa Rosa, El Carmen e El Cascajo.
Actividade económicaEditar
Os habitantes da illa, viven do turismo, da pesca e da agricultura para autoconsumo e para o consumo local.[10] O turismo atre unhas 60.000 ou 70.000 persoas por ano, danando progresivamente o ecosistema da illa. Chegouse á práctica de pesca excesiva de cogombros de mar e lagostas por parte dos pescadores.[10]
GaleríaEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Santa Cruz". Galápagos Conservancy. Consultado o 26 de setembro de 2012.
- ↑ http://m.nzherald.co.nz/travel/news/article.cfm?c_id=7&objectid=11491237 En Santa Cruz, a zona de paseo polo centro de Porto Ayora é unha pequena franxa de hoteis, restaurantes, compañías de viaxe e tendas de agasallos.
- ↑ http://www.heraldsun.com.au/leader/news/visit-the-galapagos-islands-but-tread-lightly-on-natures-construction-site/story-fnglekhp-1227463418157 Visit Santa Cruz Island, Galápagos Islands, but tread lightly on "nature's construction site"
- ↑ http://traveller24.news24.com/Explore/Islands/Top-10-islands-number-one-might-surprise-you-20150714 Arquivado 05 de maio de 2016 en Wayback Machine. Tortuga Bay Puerto Ayora Galápagos Islands,
- ↑ "Pit Craters". World Land Forms. 2015. Consultado o 2016-05-30.
- ↑ http://www.eluniverso.com/noticias/2015/08/13/nota/5065640/gobernador-galapagos-inadmisible-cerrar-locales
- ↑ http://www.ksl.com/?sid=35827641&nid=1287&title=the-worlds-12-best-spots-for-wild-swimming Las Grietas in Puerto Ayora Galápagos, Ecuador.
- ↑ "Isla Santa Cruz". Cámara de Turismo de Galápagos (en español). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Poblacion". Canton Santa Cruz (en español). Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ 10,0 10,1 "Economia de las Islas Galapagos". www.galapaguide.com (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Santa Cruz, Galápagos |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Gobierno Autónomo Descentralizado de Santa Cruz
- Parque GalápagosArquivado 13 de xuño de 2002 en Wayback Machine.