A Illa Rowett é unha pequena illa rochosa de 0.8 km de lonxitude, localizada ao sur do Cabo Lookout situado na veciña Illa Elefante, no arquipélago das Illas Shetland do Sur na Antártida. O lugar xa era coñecido polos cazadores de focas estadounidenses e británicos desde 1822 aínda que foi ao chegar unha expedición británica dirixida por Ernest Shackleton na tempada 1921-1922 cando recibiu o seu actual nome, por mor de John Quiller Rowett [1], quen financiaba a expedición. A illa caracterízase polas súas fragosas pendentes e pola presenza de varios picoutos irregulares [2].

Localización da illa Rowett, no norte do arquipélago.

Notas editar

  1. U.S. Board on Geographic Names
  2. "Pub. 200, Sailing Directions (Planning Guide and Enroute) Antartica, Ninth Edition, 2011, páx. 126" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de maio de 2013.