Illa Princess Royal

A Illa Princess Royal é a illa máis grande da costa norte da Columbia Británica, Canadá. Localízase entre as enseadas illadas e as illas ao leste do estreito de Hecate na costa da Columbia Británica. Ten 2.251 km², é a cuarta illa máis grande da Columbia Británica.[1] A illa foi bautizada en 1788 polo capitán Charles Duncan, pola súa corveta, "Princess Royal".[2]

Modelo:Xeografía físicaIlla Princess Royal
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaColumbia Británica, Canadá Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°55′32″N 128°50′32″O / 52.9256, -128.8422
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.061 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións45,1 (ancho) × 83,2 (lonxitude) km
Punto máis altoMount Parry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.061 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie2.251 km² Editar o valor en Wikidata

Acceso e asentamentos

editar

A illa está situada nunha zona extremadamente remota da Columbia Británicaa 520 km. ao norte de Vancouver e 200 km. ao sur de Prince Rupert. Só é accesible en barco ou en avión. O pasaxe interior a ruta de navegación de transbordadores, corre a lo largo do seu flanco oriental, por unha serie de canles que separan a illa do continente. A illa está deshabitada, pero adoitaba ser o fogar da comunidade Surf Inlet, unha cidade mineira de ouro na enseada do mesmo nome (aínda que tamén coñecida como Port Belmont ou Belmont) e Butedale, unha cidade mineira, con fábrica de conservas, pesca e explotación forestal na costa leste da illa. As comunidades máis próximas hoxe son Klemtu, na Illa Swindle e Hartley Bay, na costa continental ao leste da Illa Gil.

Reservas indias

editar

As Reserva indíxenas en ou adxacentes á illa Princess Royal son:

Historia

editar

Doce dos 17 tripulantes do U.S. Air Force 44-92075 foron achados vivos aquí en 1950, durante o primeiro incidente nuclear da guerra fría.

 
Ruiñas da fábrica de conservas en Butedale

Xeografía

editar

A extremidade norte da illa é Point Trivett, a súa extremidade noroeste é Point Kingcome.

O río Canoona percorre a parte central da illa, fluíndo cara ao leste ata o mar desde o lago Canoona.

Ecoloxía e ambiente

editar

A vida silvestre na illa Princess Royal inclúe o oso de kermode, osos negros, osos grizzly, cervos, lobos e raposos, e poboacións anidadoras de aguias de ouro, aguias calvas, e o murrelet de mármore en perigo de extinción. A vida mariña ao redor da illa inclúe abundante salmón, elefantes mariños, candorcas e marsopas. Princess Royal é un compoñente básico dunha campaña rexional de preservacionismo que abarca a costa norte e central, que foi bautizada como o Gran Bosque do Oso por grupos ambientais.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar