Manra
Atol Manra
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 4´4 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas
Coordenadas 4°27′S 171°16′O / -4.450, -171.267
Maior Altura 6 m.
Localización
Localización do atol Manra

A Illa Manra (tamén coñecida como Illa Sidney) é unha illa do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. En 1938, foi unha das illas involucradas no plan de colonización británico denominado Proxecto de Colonización das Illas Fénix.

Xeografía editar

A illa ten forma triangular cunha superficie total de 4,4 km ². É un antigo atol coa lagoa interior sen ningunha canle de saída ao mar. Isto fai que a auga se evapore e resulte unha lagoa moi salgada por baixo do nivel do mar, sen vida mariña. Nos arrecifes, en cambio, a fauna é moi diversa. En terra abundan porcos domésticos en estado salvaxe, ratas, lagartas, cangrexos e insectos. Está deshabitada.

Historia editar

Atópanse antigas ruínas polinesias. Foi descuberta, en 1823, polo capitán Emment do baleeiro inglés Sydney Packet e chamouna Sydney Island. Reclamada polos intereses norteamericanos sobre o guano, parece que non chegou a ser explotada. Foi declarada unha reserva natural de aves en 1938, e unha reserva natural de vida salvaxe en 1975.

Galería de imaxes editar