Malo (anteriormente coñecido como San Bartolomé) é unha illa de orixe volcánica situada na provincia de Sanma, en Vanuatu, a 3 km. da costa sur da principal Illa Espírito Santo. Ten un perímetro 55 km. e unha superficie de 180 km².

Malo
Localización de Malo
Mapa Espírito Santo
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaSanma
ArquipélagoNovas Hébridas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas15°41′S 167°10′L / -15.683, -167.167
Xeografía
Superficie180 km²
Longura máxima19´4 km
Largura máxima13´5
Perímetro55 km.
Punto máis alto326 m. Malo Peak
Demografía
CapitalAvunatari
Poboación4.279 hab. (2009)
Densidade24 hab/km² hab./km²

En 1979, a illa tiña unha poboación de 2.312 habitantes. O censo de 1999 revelou unha poboación de 3.532 habitantes. No censo de 2009, a poboación total aumentara a 4.273, un aumento do 21% desde 1999[1] Como a maioría de Vanuatu, a illa é de orixe volcánica. O punto máis alto da illa é Malo Peak, 326 m. sobre o nivel do mar.

Os produtos principais da illa son a copra e cacao. Cultívanse en plantacións.

Hai dous grupos culturais principais na illa de Malo, o grupo cultural Auta que habita na parte occidental da illa, e o grupo cultural Tinjivo que habita na parte oriental da illa. Ambos grupos culturais parecen ser unha variante da Lingua Tamambo. Malo é tamén o nome da lingua Austronesia falada na illa.

As primeiras evidencias arqueolóxicas de asentamentos humanos en Vanuatu són dun asentamento en Malo de redor de 1400 aC. Os artefactos deste asentamento son característicos da cultura Lapita.

Notas editar

  1. Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión".